“Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro”. —Emily Dickinson

Os libros son ensinanza e aprendizaxe, pero tamén imaxinación e entretemento. Por iso coidamos que todos os detalles fagan de cada un dos nosos contos unha travesía lectora.


Erea e as agullas máxicas. Cómic. (GAL/ESP/PT). -2.ªed.-
Erea e as agullas máxicas. Cómic. (GAL/ESP/PT). -2.ªed.-
Cando os libros comezan a desaparecer da biblioteca, a pequena Erea e mailo seu gato Fento decátanse de que algo malo acontece. Maxia antiga e lendas do pasado rexorden para ameazar a aldea. Con amigos e novos coñecidos poranse a investigar unha solución. Serán quen de atopala?
€14,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Avelaíña e o camiño á illa. Cómic. (GAL/ESP)
Avelaíña e o camiño á illa. Cómic. (GAL/ESP)
[embed]https://youtube.com/shorts/b5gTmW2queE?feature=shared[/embed]

Escoitas ese bater de ás? Xa case está aquí! Avelaíña e o camiño á illa, a nova banda deseñada de Bea Gregores, diríxese a conquistar o teu corazón.

Un día calquera, nun pequeno bosque, naceu unha avelaíña cunhas ás un pouco estrañas… Cando Avelaíña naceu había tempo que o resto de avelaíñas marcharan. Decidida a atravesar o bosque para seguilas, irá descubrindo seres estraños e peculiares que a farán plantexarse a onde quere dirixirse e por que.

Unha marabillosa fábula de aventura e descubrimento, a través dunha natureza engaiolante, sobre atopar o noso lugar no mundo.

€14,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Fronteiras de papel. Conto. -2.ªed.-
Fronteiras de papel. Conto. -2.ªed.-
2ª EDICIÓN XA Á VENDA! Fátimah e a súa familia emprenden unha viaxe alén do mar, que os leva a descubrir que as fronteiras máis difíciles de sortear poden estar feitas de algo tan fráxil como o papel.
€14,90 Añadir al carrito
Soños de Cajamarca. Novela. LIBRO 1 -2.ªed.-
Soños de Cajamarca. Novela. LIBRO 1 -2.ªed.-
2ª EDICIÓN XA Á VENDA! VOLUME 1. Libro de relatos en galego de diferentes autores/ras do panorama galego.
Rango de precios: desde €6,50 hasta €12,50 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Miquits. Cómic.(GAL/ESP)  -3ªed.-
Miquits. Cómic.(GAL/ESP) -3ªed.-
Miquits é un gato, mais non un calquera, é o familiar dunha bruxa! Xunto ela vive aventuras perigosas e emocionantes para se esmendrellar coa risa. Atréveste a acompañalo?

Pincha en Miquits para descargar o caderno de actividades.

Inventa a túa propia historia e colorea.

   
€12,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Ula e Vinca. Cómic. (GAL/ESP). -2.ªed.-
Ula e Vinca. Cómic. (GAL/ESP). -2.ªed.-
Cando Vinca aparece misteriosamente na casa de Ula, a bruxa non sabe que facer con ela. Antes de se decatar, a cativa sorprenderaa cos seus inesperados poderes. Pero, de onde vén, e que é realmente Vinca? Embárcate nesta fermosa e máxica aventura para descubrilo.. Nesta banda deseñada para cativos achegamos a historia de Ula e Vinca, Xunto a elas descubrirás o valor da familia, da maxia, do amor.
€16,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Luuume!. Conto. (GAL/ESP) -3ªed.-
Luuume!. Conto. (GAL/ESP) -3ªed.-
Misto sempre anda alporizado e, namentres, a vida vai sucedendo. A súa familia e amizades tentarán axudalo pero, serán quen de conseguilo?

CONTO ADAPTADO Á LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA (LSE) 

€16,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Lis e o bosque das sombras. Conto. (GAL/ESP/PT)
Lis e o bosque das sombras. Conto. (GAL/ESP/PT)
Lis quere ser cabaleira, afouta coma a das lendas. Acompañada do seu amigo Bigotes, internarase no Bosque das Sombras en busca de aventuras. Mais a realidade pode ser máis complexa e difícil do que ela imaxinaba. Conseguirá vencer todos os perigos?
€16,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Sueños de Cajamarca
Sueños de Cajamarca. Novela. LIBRO 2
VOLUME 2. Libro de relatos en catellano de diferentes autores/ras del panorama estatal.
no valorado €12,50 Añadir al carrito
Xa non son malo. Conto. (GAL/ESP) -4.ªed.-
Xa non son malo. Conto. (GAL/ESP) -4.ªed.-
4ª EDICIÓN XA Á VENDA! Xa non son malo, é unha fermosa historia sobre a natureza, a amizade, e sobre todo, sobre as segundas oportunidades.

PULSA NA IMAXE PARA DESCARGAR O CADERNO IMPRIMIBLE DE ACTIVIDADES

Xa non son malo actividades
€17,50 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Miquits 2. Visita á casa da avoa. Cómic. (GAL/ESP/PT) -2.ªed.-
Miquits 2. Visita á casa da avoa. Cómic. (GAL/ESP/PT) -2.ªed.-
Miquits non é un gato calquera, é o inseparable compañeiro dunha bruxa. Canda ela, e o resto dos seus amigos, enfróntase a misterios e perigos en cada recuncho. Nesta ocasión, a viaxe lévaos ata a casa da avoa Emelinda, onde novas aventuras e desafíos os agardan. Un cómic cheo de maxia, diversión e emocións que conquistará pequenos e maiores. Finalista nos premios Follas Novas 2025, na categoría de mellor libro de banda deseñada, gráfico e humor.
€12,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Animálgama. Poesía.
Animálgama. Poesía.
Isto que tes nas mans non é un libro corrente, é unha ANIMÁLGAMA! E iso que é? É un fantastilibro no que a poesía se volveu tola. É «un gorila que baila ao son dunha gaita». É «un verme en monopatín». Ou incluso «unha medusa con tiracroios». Se non mo cres, ábreo e verás! Unha animálgama agarda por ti. Seguro que che fai rir.
€16,90 Añadir al carrito
Contos en Kamishibai.
Contos en Kamishibai.
Agora os nosos contos de Antela, nun novo produto para fogares, escolas e bibliotecas. Contos en formato Kamishibai. Kamishi-que? O Kamishibai xorde no Xapón durante a crise económica de finais dos anos 20 do século XX como fórmula para combater o desemprego. A un home que vendía doces en bicicleta ocorréuselle empregar un pequeno teatro de madeira no que, metendo e sacando láminas, contaba unha historia e así a cativada estaba máis motivada a comprarlle lambetadas. En tamaño A4 especial para contos no fogar, e A3 para grandes grupos e colexios. Completa a túa compra co Butai feito polos amigos de Miudiño.
no valorado Rango de precios: desde €17,00 hasta €20,00 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Fauna. Cómic. (GAL/ESP)
Fauna. Cómic. (GAL/ESP)
Nun futuro onde os humanos se crían extintos e os animais evolucionaron de forma similar a como eran eles, aparece Fauna, unha pequena nena humana. É atopada por Curro, un can xornalista, no medio dun debate na sociedade animal. Curro pensa que esta pode ser a súa oportunidade de alcanzar a fama, sen se decatar de que mostrala ao público levarao a máis problemas dos que podía imaxinar.  
€14,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
O país da choiva. Novela. -4.ªed.-
O país da choiva. Novela. -4.ªed.-
4ª EDICIÓN XA Á VENDA! Esta novela infantil/xuvenil ilustrada fala da importancia do idioma, de usalo e conservalo, e de como a nosa lingua é parte da nosa herdanza cultural como galegos. De xeito delicado e con sensibilidade aborda a problemática da perda de falantes na nosa lingua.

"BOOKTRAILER" O PAÍS DA CHOIVA

ACCEDE AO MATERIAL DIDÁCTICO SOBRE O LIBRO PREMENDO NA IMAXE.

Rango de precios: desde €6,50 hasta €13,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Quen espertou o Kraken?. Conto. (GAL/ESP)
Quen espertou o Kraken?. Conto. (GAL/ESP)
O kraken está anoxado porque non descansa ben. Axúdasnos a aclarar quen o espertou esta vez?
€16,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Sálice e Sándala. Novela.
Sálice e Sándala. Novela.
Esta novela infantil/xuvenil ilustrada fantástica, presenta unha historia de amizade e loita contra o abuso. A través dos protagonistas viviremos aventuras en prol dun mundo mellor, representando valores universais como a defensa da liberdade, a igualdade e a democracia.

"BOOKTRAILER": SÁLICE E SÁNDALA

OBRA GAÑADORA NOS PREMIOS XX EDICIÓN DO PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO. 3ªCATEGORÍA
no valorado Rango de precios: desde €6,50 hasta €14,50 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
A busca de Muncho. Cómic. (GAL/ESP/PT)
A busca de Muncho. Cómic. (GAL/ESP/PT)
Cando o gato Muncho esperta unha mañá na súa casa, e non atopa o seu máis adorado sombreiro, decide embarcarse nunha misión para recuperalo, e atopar a resposta a unha crucial enquisa: onde está agora o seu sombreiro?
€14,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
A FÁBRICA SECRETAS DE NUBES. Conto. (GAL/ESP)
A FÁBRICA SECRETAS DE NUBES. Conto. (GAL/ESP)

Que sucede cando un pequeno erro muda todo o ceo? Na fábrica secreta de nubes, onde cada nube se crea con coidado, un inesperado contratempo convérteo todo nun auténtico caos... ou quizais nunha oportunidade para descubrir que os accidentes tamén poden dar lugar a algo marabilloso?

A fábrica secreta de nubes é un álbum ilustrado cheo de imaxinación, humor e tenrura que invita a descubrir a beleza do inesperado e a importancia de aceptar que non sempre todo sae segundo o previsto.
no valorado €16,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Maldiño, a vergoña da familia. Conto.
Maldiño, a vergoña da familia. Conto.
Os pais de Maldiño esperan que manteña unha curiosa tradición familiar, pero só conseguen que os decepcione unha e outra vez. Poderá Maldiño ser feliz  a pesar de todo?
€16,90 Añadir al carrito
Pernascochas. Obra gañadora do I Certame Literario Jaime Olmedo Limeses.  (GAL). -4ªed.-
Pernascochas. Obra gañadora do I Certame Literario Jaime Olmedo Limeses. (GAL). -4ªed.-
«Marcelina: ese é o meu nome. E esta é a miña historia. Ou parte dela. Un anaco de vida que non durou nin unha semana, pero que algo me di que vai ser difícil de esquecer. Ou, se cadra, imposible.» Pernascochas é unha novela sobre o poder da amizade, os sentimentos e, alá no fondo, tamén sobre o primeiro amor. Caderno de actividades sobre o libro: Caderno Pernascochas
no valorado Rango de precios: desde €6,50 hasta €14,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Caderno de actividades: Xa non son malo.
Caderno de actividades: Xa non son malo.

Caderno de actividades do libro "Xa non son malo".

Xa non son malo, é unha fermosa historia sobre a natureza, a amizade, e sobre todo, sobre as segundas oportunidades.
no valorado €0,00 Añadir al carrito
O grande aviario. Cómic. (GAL/ESP)
O grande aviario. Cómic. (GAL/ESP)
Os lugares máxicos e misteriosos son difíciles de descubrir. Esta é a historia de como nós chegamos ao noso, a nosa propia historia onde todo é posible. Estás preparado para soñar e creer? Queres coñecela? Abre o libro... e comeza a ler! . Nesta banda deseñada para cativos achegamos a historia de dúas nenas Lea e Íar, Xunto a elas vivirás unha aventura divertida, aprendendo o valor da amizade e das aves.
€16,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Elvira. Conto. (GAL/ESP) -2.ªed.-
Elvira. Conto. (GAL/ESP) -2.ªed.-
Que pode facer unha avestruz coas súas ás? Pode brincar, aplaudir, saudar, apertar, tocar… … pero Elvira quere algo máis…  
€17,50 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
O xigante de Allariz
O xigante de Allariz. Conto.
Nestas páxinas un conto que tivo lugar aquí, as vivencias de Monchiño, o xigante de Allariz.
€16,50 Añadir al carrito
Caderno de debuxo: Miquits.
Caderno de debuxo: Miquits.

Caderno de debuxo de Miquits.

Miquits é un gato, mais non un calquera, é o familiar dunha bruxa. Xunto a ela vive aventuras perigosas e emocionantes para se esmendrellar coa risa. Atréveste a acompañalo? Nesta banda deseñada para cativos achegamos a historia de Miquits, o gato dunha bruxa. Xunto con ela vivirá mil e unha aventuras divertidas, aprendendo o valor da amizade e do compañeirismo.  
no valorado €0,00 Añadir al carrito
PINGA. (GAL) Libro para bebés.
PINGA. (GAL) Libro para bebés.
Pinga está en todas partes, podes atopala?Búscaa no vento e persíguea no mar a través das ilustracións e texturas que acompañan ao texto neste fermoso libro para bebés.
Rango de precios: desde €12,00 hasta €25,00 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Piolliños. Conto. (GAL/ESP/PT)
Piolliños. Conto. (GAL/ESP/PT)
Que pasa cando aparecen na nosa cabeza invitados indesexados? Ás veces non é tan doado desfacerse deles! Acompaña a Aroa e Adri mentres proban novos e divertidos métodos. Funcionarán? Piolliños é un álbum ilustrado divertido e cheo de cor que entretén á vez que ensina á cativada sobre os diminutos seres que ás veces aparecen na nosa cabeza.
€16,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Butai (Teatro Kamishibai)
Butai (Teatro Kamishibai)
Butai-que? Butai de madeira artesanal - Feito polos compañeiros de Miudiño (A xanela dos contos) O butai é un pequeno teatro de madeira, especialmente deseñado para contar historias e presentar kamishibai (unha forma tradicional xaponesa de narración con láminas ilustradas). Feito a man polos amigos de Miudiño, este butai destaca pola súa calidade e acabado natural, ideal para escolas, bibliotecas ou fogares. É unha ferramenta única para compartir contos dun xeito máxico e interactivo, fomentando a imaxinación e o amor pola lectura. En tamaño A4 especial para contos no fogar, e A3 para grandes grupos e colexios. Completa a túa compra do Butai feito polos amigos de Miudiño, cos nosos contos de Antela Editorial, aquí!
no valorado Rango de precios: desde €95,00 hasta €100,00 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Caixa de agasallo Antela
Caixa de agasallo Antela

A súa primeira biblioteca. Agasalla literatura que perdura.

Hai agasallos que se esquecen e outros que medran co tempo. As caixas Antela nacen para regalar historias, descubrimentos e momentos compartidos, creando unha pequena biblioteca para gozar, ler e volver ás súas páxinas unha e outra vez.

Cada caixa inclúe 4 libros seleccionados do noso catálogo, acompañados dunha coidada selección de pequenos agasallos que fan da experiencia multisensorial e algo moi especial: marcapáxinas, polochaveiro, un chifro de agua, chapas e moito máis.

E todo vai presentado na nosa caixa Antela, preparada e envolta con agarimo, lista para recibir e, sobre todo, para agasallar.

no valorado €60,00 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto