SE ESCRIBICHES UN LIBRO, ISTO É PARA TI

Se escribiches un libro e queres traballar con nós, segue lendo. Este apartado é para ti!

Antes de nada, parabéns! Que non se escribe un libro tódolos días.

Estamos desexando ler o teu traballo, pero antes de que nolo envíes gustaríanos pedirche que sigas estas indicacións para que nos sexa máis doado xestionalo:

  1. E ti de quen es? Cóntanos cal é o tipo de traballo que nos presentas: álbum ilustrado, novela gráfica, libro ilustrado de non-ficción para crianzas, etc.
  2. Vai ao conto. No correo electrónico que nos envíes, ademais de achegar o teu traballo, non esquezas resumirnos o teu proxecto e proporcionarnos una vista xeral del. Intenta facelo coa maior claridade e concisión posible para que o poidamos revisar máis facilmente.
  3. Imos no mesmo carro? Revisa sempre que encaixe coa nosa liña de traballo. E aínda que sexa algo que non fixeramos antes, se ves que se adecúa aos nosos valores e á nosa liña editorial, lánzate!

Lembra:

  • Imaxes adxuntas en formato JPEG ou PDF.
  • Textos adxuntos en formato Word ou PDF.
  • Os teus datos de contacto. Non esquezas o teléfono!

Unha vez comprobaches todo o anterior, envíanos o teu proxecto a info@antelaeditorial.com para que o poidamos ler.

Aínda que nos leve un pouquiño responder, ti non te preocupes. Prometemos responder tanto se a resposta á túa proposta é afirmativa coma negativa. 

Agradecémosche moito o teu traballo e esperamos impacientes ver os teus proxectos!

O equipo de Antela Editorial