Tenda: (pica aquí)
“Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro”. —Emily Dickinson
Os libros son ensinanza e aprendizaxe, pero tamén imaxinación e entretemento. Por iso coidamos que todos os detalles fagan de cada un dos nosos contos nunha travesía lectora.
-
Piolliños. Conto. (GAL/ESP/PT)€16,90 -
Pernascochas (GAL) Gañadora do I Certame Literario Jaime Olmedo LimesesRango de precios: desde €6,50 hasta €14,90 -
A busca de Muncho. Cómic. (GAL/ESP/PT)€14,90 -
Butai (Teatro Kamishibai)Rango de precios: desde €95,00 hasta €100,00 -
Contos en Kamishibai.Rango de precios: desde €17,00 hasta €20,00 -
Erea e as agullas máxicas. Cómic. (GAL/ESP/PT). -2.ªed.-€14,90 -
Miquits 2. Visita á casa da avoa. Cómic. (GAL/ESP/PT)€12,90 -
Avelaíña e o camiño á illa. Cómic. (GAL/ESP)€14,90 -
Quen espertou o Kraken?. Conto. (GAL/ESP)€16,90 -
Animálgama. Poesía.€16,90 -
Maldiño, a vergoña da familia. Conto.€16,90 -
Ula e Vinca. Cómic. (GAL/ESP)€16,90 -
O grande aviario. Cómic. (GAL/ESP)€16,90 -
Sálice e Sándala. Novela.Rango de precios: desde €6,50 hasta €14,50 -
Miquits. Cómic.(GAL/ESP) -2.ªed.-€12,90 -
Luuume!. Conto. (GAL/ESP) -3ªed.-€16,90
TODA A INFORMACIÓN SOBRE O II CERTAME LITERARIO AQUÍ!
Contos para aprender e imaxinar
Os contos feitos en Galicia que che axudan a abordar distintas temáticas sociais coas crianzas ao mesmo tempo que colaboras cunha ONG.
A enquisa de EU Kids Online mostra que o tempo de uso de Internet na infancia case se duplicou entre 2010 e 2020.
As crianzas cada vez usan Internet antes e durante máis tempo e, aínda que as supervises, é imposible saber todo o que lles aparece na ventá dixital.
Por iso é importante axudarlles a desenvolver ferramentas que lles permitan, pouco a pouco, valorar por si mesmas os contidos que ven.
E nada como botar man dun conto que mostre o que lles queres transmitir para que sexa máis doado crear un ambiente no que escoiten ao mesmo tempo que deixan voar a imaxinación a través da historia e das ilustracións.
E con cada libro…
- Colaboras cun labor social: destinamos unha porcentaxe dos beneficios de cada libro a apoiar unha asociación en prol dunha causa social.
- Apoias a produción local: toda a produción editorial dos nosos libros, desde a escritura ata a impresión, está feita en Galicia.
- Axudas a coidar o medio ambiente: empregamos papel procedente de fontes responsables e de proximidade para termos a menor pegada ecolóxica posible.

Axenda
25 de decembro.






















