Material educativo e didáctico.

Contos en Kamishibai.
Contos en Kamishibai.
Agora os nosos contos de Antela, nun novo produto para fogares, escolas e bibliotecas. Contos en formato Kamishibai. Kamishi-que? O Kamishibai xorde no Xapón durante a crise económica de finais dos anos 20 do século XX como fórmula para combater o desemprego. A un home que vendía doces en bicicleta ocorréuselle empregar un pequeno teatro de madeira no que, metendo e sacando láminas, contaba unha historia e así a cativada estaba máis motivada a comprarlle lambetadas. En tamaño A4 especial para contos no fogar, e A3 para grandes grupos e colexios. Completa a túa compra co Butai feito polos amigos de Miudiño.
no valorado Rango de precios: desde €17,00 hasta €20,00 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Caderno de actividades: Xa non son malo.
Caderno de actividades: Xa non son malo.

Caderno de actividades do libro "Xa non son malo".

Xa non son malo, é unha fermosa historia sobre a natureza, a amizade, e sobre todo, sobre as segundas oportunidades.
no valorado €0,00 Añadir al carrito
Caderno de debuxo: Miquits.
Caderno de debuxo: Miquits.

Caderno de debuxo de Miquits.

Miquits é un gato, mais non un calquera, é o familiar dunha bruxa. Xunto a ela vive aventuras perigosas e emocionantes para se esmendrellar coa risa. Atréveste a acompañalo? Nesta banda deseñada para cativos achegamos a historia de Miquits, o gato dunha bruxa. Xunto con ela vivirá mil e unha aventuras divertidas, aprendendo o valor da amizade e do compañeirismo.  
no valorado €0,00 Añadir al carrito
Butai (Teatro Kamishibai)
Butai (Teatro Kamishibai)
Butai-que? Butai de madeira artesanal - Feito polos compañeiros de Miudiño (A xanela dos contos) O butai é un pequeno teatro de madeira, especialmente deseñado para contar historias e presentar kamishibai (unha forma tradicional xaponesa de narración con láminas ilustradas). Feito a man polos amigos de Miudiño, este butai destaca pola súa calidade e acabado natural, ideal para escolas, bibliotecas ou fogares. É unha ferramenta única para compartir contos dun xeito máxico e interactivo, fomentando a imaxinación e o amor pola lectura. En tamaño A4 especial para contos no fogar, e A3 para grandes grupos e colexios. Completa a túa compra do Butai feito polos amigos de Miudiño, cos nosos contos de Antela Editorial, aquí!
no valorado Rango de precios: desde €95,00 hasta €100,00 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Caderno de actividades: Alén e o dragón
Caderno de actividades: Alén e o dragón

Caderno de actividades "Alén e o dragón"

OBRA GAÑADORA DO II CERTAME DE NOVELA INFANTIL JAIME OLMEDO LIMESES Alén nunca imaxinou que a súa vida en Sardiruña agochase nada extraordinario. Pero todo cambia cando un dragón comeza a aparecer nos seus soños e esperta preguntas ás que nin a súa nai, Emma, nin o seu irmán Xoel parecen poder responder. Só Mamamucha, unha enigmática anciá, semella saber máis do que conta. Porque, ás veces, os segredos dunha familia non desaparecen. Simplemente agardan o momento axeitado para regresar.
no valorado €0,00 Añadir al carrito
Caderno didáctico: O país da chovia.
Caderno didáctico: O país da chovia.

Caderno didáctico: O país da chovia.

Imaxínate que un día saes da casa e todas as persoas esqueceron a súa lingua. Imaxínate que falan nunha lingua diferente, estraña. Imaxínate que es Rosalía ou Fonso. Imaxínate… Que farías? Esta novela infantil/xuvenil ilustrada fala da importancia do idioma, de usalo e conservalo, e de como a nosa lingua é parte da nosa herdanza cultural como galegos. De xeito delicado e con sensibilidade aborda a problemática da perda de falantes na nosa lingua.
no valorado €0,00 Añadir al carrito
Caderno de actividades: Pernascochas.
Caderno de actividades: Pernascochas.

Caderno de actividades "Pernascochas"

«Marcelina: ese é o meu nome. E esta é a miña historia. Ou parte dela. Un anaco de vida que non durou nin unha semana, pero que algo me di que vai ser difícil de esquecer. Ou, se cadra, imposible.» Pernascochas é unha novela sobre o poder da amizade, os sentimentos e, alá no fondo, tamén sobre o primeiro amor.  
no valorado €0,00 Añadir al carrito