Como lle conto eu a esta crianza que a súa nova compañeira de clase fala distinto porque vén doutro país? E como lle explico o que é vir doutro país, o que significa migrar?
Seguro que non queres que Internet lle responda estas dúbidas antes ca ti, por se acaso.
Pero hai temáticas que poden resultar complicadas de explicarlle a unha crianza. E non é precisamente porque ti non te informases antes do tema, senón que o difícil é saber como abordalo para que o entenda e che preste atención.
E se probas a facelo a través dun conto? Desta maneira créaslle interese no tema e favoreces un ambiente no que estea disposta a escoitar. E non o imos negar, as ilustracións sempre axudan a que se metan de cheo na historia.

Somos xente comprometida
- Coa calidade.
- Co labor social.
- Co medio ambiente.
- Coa cadea de produción editorial.
Antela Editorial formámola escritores e escritoras de libro infantil que vimos a necesidade de crear edicións coidadas, de apostar polo talento local e de traballar con empresas galegas para que os beneficios queden en Galicia.
Traballamos por unhas porcentaxes xustas para toda a cadea de produción editorial e por uns dereitos de autor dignos para quen crea a cultura.
E contámosche isto porque para nós é importante que saibas como funcionamos e coñezas o que nos moveu a crear a editorial.
Na mañanciña de San Xoán, cando o primeiro raio do sol relampra na lagoa de Antela, alá embaixo, moi fondo, albíscase o campanario da igrexa. E a noite do Nadal, ás doce en punto, óense cantar os galos…
… mais ninguén ata hoxe foi quen de ver o esquivo galo de Antela. Disque só os máis afortunados chegaron a ver as súas pegadas.
AS NOSAS COLECCIÓNS
As nosas coleccións.
Somos unha editorial de Literatura Infatil e Xuvenil coas seguintes coleccións.

C. PITIÑOS
Esta colección está destinada a primeiros lectores en formato álbum ilustrado.
O seu nome vén dos poliños cando nacen e botan a camiñar.

C. GALO BANQUIVA
Ban… que? O Galo banquiva ( Gallus gallus bankiva) considérase o antepasado de todos os galos e galiñas modernos. Nun principio era un galo salvaxe, pero co tempo foise domesticando deixando a un lado o seu estado silvestre. Aínda así, o noso banquiva ten a capacidade de buscar o seu propio alimento e, sendo omnívoro, pode comer calquera tipo de alimento que se atope no seu camiño.
A educación, que non domesticación, é clave para pasar do salvaxismo á civilización, por iso seleccionamos este nome para a colección de libros educativos.

C. QUIRICOS
Esta colección xa é para lectores que saben camiñar e se atreven a voar.
Nela están incluídas as novelas infantís e xuvenís.
O seu nome ven dos polos que xa non son cativos e teñen a súa autonomía.

C. GALO PINTO
Colección de Banda Deseñada.
Galo Pinto? Pero iso é unha comida! Si, o galopinto é un prato tradicional de Centroamérica que consiste en arroz con feixóns. Arroz con feixóns e cómics. Vaia mestura, non? O caso é que este prato é produto da mestizaxe, xa que combina feixóns utilizados polos aborixes americanos con arroz de Asia traído por españois e cocíñase ao xeito africano. A banda deseñada, á súa maneira, é tamén unha mestizaxe entre palabras e imaxes na que cada autor reinterpreta a receita á súa maneira, engadindo ou quitando ingredientes segundo o seu gusto. Igual ca o prato, podes ler un cómic ou comer un galo pinto en calquera momento do día.
ANTELA NOS MEDIOS
ONDE ATOPARNOS:
E SE ESTAMOS MÁIS CERCA DO QUE PENSAS?
En todas e cada unha das librarías de España e Portugal poderás atopar os nosos libros.
E, por suposto, na nosa tenda en liña www.antelaeditorial.com . Bule a ver o noso catálogo!
Si es libreira e desexas vender os nosos libros
ponte en contacto con nós e falamos.
+34 623 023 082 – info@antelaeditorial.com
DISTRIBUIDORAS EN ESPAÑA:
DISTRIBUIDORA EN PORTUGAL
E, por suposto, na nosa tenda en liña. Bule a ver o noso catálogo! Lévame á tenda