Descripción
Os nosos contos de Antela Editorial, agora en formato Kamishibai. Dispoñibles en tamaño A4(21 x 29,7 cm) e A3 (29,7 x 42 cm).
- Fronteiras de papel.
- Xa non son malo.
- O xigante de Allariz.
- Elvira.
- Luuume.
- Maldiño, a vergoña da familia.
- Quen espertou o Kraken?
- ….
Obxectivos:
1. Desenvolver destrezas orais e escritas, traballando textos narrativos (contos, lendas, mitos…) da nosa literatura e doutras culturas.
2. Expresar accións e emocións e desenvolver estratexias e procesos para crealos, contalos, ilustralos e expoñer o resultado.
3. Traballar en equipo respectando os demais, aprendendo a formular e aceptar críticas construtivas, buscando o consenso ao tomar decisións e
comprometéndose coa tarefa.
Como proposta didáctica:
Como proposta para escolas e familias trátase dun instrumento moi interesante que nos permite dotar de unidade e coherencia aspectos tan variados como: o plurilingüismo, a programación por competencias, a igualdade, o tratamento da diversidade, a afición pola lectura e a escritura, a creación artística.
Competencias que se traballan:
1. Comunicación lingüística: permite traballar dunha maneira máis lúdica comprensión e expresión oral e escrita.
2. Competencia matemática: traballando a orde da secuencia temporal dun relato, a orde das viñetas relacionadas co texto, a medición e distribución das figuras sobre o papel.
3. Coñecemento e interacción co medio físico levándoos á exposición pública, transferindo os coñecementos e habilidades adquiridos a un contexto fóra da contorna.
4. Tratamento da información e competencia dixital: o alumnado ten que desenvolver a súa autonomía no manexo das ferramentas tecnolóxicas,
na busca de información, tratamento de textos e retoque dos debuxos.
5. Competencias sociais: a través de relatos didácticos que ensinan valores que non se adquiren de forma cognitiva, senón vivencial e respectando as producións dos demais, buscando solucións ou ideas consensuadas que favorecen ao grupo e desenvolven a autoestima.
6. Competencia cultural e artística: a linguaxe verbal compleméntase coa forza da linguaxe pictórica e artística; na xanela a imaxe reforza a información achegada polo texto.
7. Competencia para aprender a aprender: aplícanse as técnicas observadas primeiro na interpretación de diversos kamishibais, ensaiando a lectura e exposición de forma continua e desenvolvendo novas inquietudes e gusto polas narracións orais.
8. Autonomía e iniciativa persoal: organizando e repartindo o traballo de forma independente, tomando decisións individuais e en grupo, analizando os problemas atopados ao longo do proceso e empregando estratexias para superalos e valorar os resultados obtidos.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.