Quen espertou o Kraken?. Conto. (GAL/ESP)

(1 valoración de cliente)

16,90

O kraken está anoxado
porque non descansa ben.
Axúdasnos a aclarar
quen o espertou esta vez?

Borrar seleción

Descripción

O kraken está anoxado
porque non descansa ben.
Axúdasnos a aclarar
quen o espertou esta vez?

Idioma: Galego / Castelán

Idioma orixinal: Galego

Tradución ao castelán: Lucía Belarte.

Idade recomendada: A partir de 3 anos.

ISBN: 978-84-127217-2-0 / 978-84-127217-3-7

Depósito legal: OU 13-2024 / OU 14-2024

Autora do texto: Lucía Belarte

Autor da ilustración: David Lorenzo

Normativizado: Iolanda Mato

Deseñado e maquetado: Gerardo Covela

Impreso: IMGRAFOR SA

O Kraken está alporizado, cal pode ser a razón? Un Neptuno despistado, unhas sereas desafinadas… Os cativos gozarán dunha historia divertida escrita en verso, mergullando a súa imaxinación ata descubrir o misterio.

Información adicional

Peso 0,5 kg
Dimensiones 22 × 22 × 1 cm
Idioma

Castellano, Galego

1 valoración en Quen espertou o Kraken?. Conto. (GAL/ESP)

  1. admin

    INSTAGRAM: @lectureo Unha boa proposta de lectura para ler (c)os máis pequenos este fin de semana pode ser este álbum ilustrado da autoría de Lucía Belarte @luciabelarte (polo texto) e David Lorenzo @davidlorenzoillustration (polas ilustracións), publicado por @antelaeditorial dentro da súa Colección
    Pitiños. Estamos ante un magnífico traballo no que o texto e a imaxe espertan a un tempo a nosa imaxinación por medio da integración de diversos elementos como o humor, a expresividade do debuxo ou a aparición dun bo número de personaxes que nos evocan claros referentes culturais da nosa contorna.
    ‘Quen espertou o Kraken?’ é, pois, unha obra na que se dá conta, por medio da poesía, do espertar e mal xenio do Kraken, ademais de tratar de responder a pregunta que se formula no título. Para conseguilo ímonos achegando ao longo das súas páxinas a un mundo de posibilidades no que,
    por medio do texto e, moi especialmente, da forza e a riqueza das ilustracións, viaxamos por un tempo histórico e mitolóxico detrás de deuses do Olimpo, de sereas que ao mellor non cantan tan ben, de piratas, de peixes enlatados… e mesmo do Leviatán. Todo para descubrir finalmente a causa real de por que espertaba tanto o Kraken!!! Unha historia entretida e divertida, do máis recomendable.

    Tamén dá para moito deterse en cada unha das ilustracións;mais destacarei a desa pirata (si, en feminino) que creo que está moi ben integrada para enriquecer os imaxinarios colectivos conformados desde a literatura. Tamén hai personaxes racializados e algo moi bo ao estarmos perante un libro ilustrado: ilustracións nas que rapidamente nos Integramos para ver e interactuar con cada ser e obxecto
    representados, enriquecendo un texto que flúe áxil e rítmico.Eu xa o teño o meu libro para un #lendoconaldara, así que, se vos animades, boa lectura!!!
    #instalibrosgalicia#bookstagramgalicia #book #instabooks #instabook #instabookstagram #booksforchildren #childrensbooks #children #lerengalego #librosilustradosparaniños #librosilustrados #ilustradores #galego #opracerdeler #ler livros #livres #kraken #sea #mar #mitologia #ler #lix #Iij

Añade una valoración

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *