Descripción
Que pode facer unha avestruz coas súas ás? Pode brincar, aplaudir, saudar, apertar, tocar…
… Pero Elvira quere algo máis…
Idioma: Galego
Idioma orixinal: Galego
Idade recomendada: A partir de 5 anos.
ISBN: 978-84-09-33068-3 (GAL) – 979-13-88089-00-8 (ESP)
Autora do texto e da ilustración: Lucía Cobo
Normativizado: Raquel Rodríguez
Deseñado e maquetado: Gerardo Covela
Impreso: IMGRAFOR SA
Sinopse: Con este álbum ilustrado para cativos, queremos achegar a historia de Elvira. Unha pequena avestruz que a pesar de ter multitude de cualidades, o que quere ela é poder voar. Fermosa historia que fomenta nas crianzas o a autoaceptación e o amor por un mesmo dun xeito ameno e atractivo.













admin –
‘Elvira’ é un álbum ilustrado da autoría de Lucía Cobo, publicado por @antelaeditorial e protagonizado por unha pitiño de avestruz que desexa voar. Mais, como todos sabemos, as ás das avestruces non lles permiten que isto sexa posible. Como vive, pois, esta situación a nosa prezada Elvira no marco dun mundo onde cada paxaro ten as súas propias particularidades e puntos fortes? Esta é unha fermosa historia sobre os soños e a necesidade vital de loitar por eles. Tamén sobre o estupendo de explorar as posibilidades que se nos abren no mundo á hora de aproveitar as nosas propias capacidades. Certamente, Elvira ten un soño e loitará por el, mais non por iso deixa de mostrar todo o seu potencial no baloncesto, coa arpa ou no circo.
Con ese regusto clásico que para min sempre teñen as historias protagonizadas por animais, e que reflicten e fan reflexionar sobre o noso propio mundo e a sociedade en xeral, este é un magnífico conto co que pensar na necesidade de afrontar a frustración e no poder curativo das apertas e do apoio dos que nos queren. Moi boa lectura e sigamos soñando, pois boa parte do que somos como humanidade é por ser soñadores, incluso a pesar de que eses soños non sempre se poden converter en realidades!!!
INSTAGRAM: @lectureo
#contos #albumilustrado #avestruz #paxaros #cuentos
#instalibros #instabooks #opracerdeler #ler #lerengalego
Halbumilustrado #LIX #LIJ #ilustracion Hgalego #soños
literaturainfantil Hlibrosparaniños #booksforchildren#instabooks #instabookstagram #bookstagramgalicia#instalibros #instalibrosgalicia #opracerdeler
#lendoconaldara #infancia