Fronteiras de papel. Conto. -2.ªed.-

(2 valoraciones de clientes)

14,90

2ª EDICIÓN XA Á VENDA!

Fátimah e a súa familia emprenden unha viaxe alén do mar,

que os leva a descubrir que as fronteiras máis difíciles de

sortear poden estar feitas de algo tan fráxil como o papel.

Descripción

Fátimah e a súa familia emprenden unha viaxe alén do mar que os leva a descubrir que as fronteiras máis difíciles de sortear poden estar feitas de algo tan fráxil como o papel.

Idioma: Galego

Idioma orixinal: Galego

Idade recomendada: A partir de 5 anos.

ISBN: 978-84-09-22034-2

Autores do texto: Alba De Evan e Xabier Domínguez

Autor da ilustración:  David Lorenzo 

Normativizado: Raquel Rodríguez

Deseñado e maquetado: Gerardo Covela

Impreso: IMGRAFOR SA

 

Pulsa para ver a PROMO EN YOUTUBE

 

Con este libro queremos achegar unha historia, similar a moitas outras vividas polos milleiros de migrantes que hoxe atravesan o mundo, que a miúdo atopan obstáculos, moitos deles simbolizados na burocracia que expulsa e crea fronteiras entre as persoas, fronteiras de papel. O noso desexo é que atopen a súa Utopía.

Coa compra deste libro, estás colaborando no labor que leva a cabo a asociación sen ánimo de lucro Provivienda en Galicia.

De cada libro, 1 € será doado para a devandita asociación.

Máis información en: www.provivienda.org

Información adicional

ISBN

978-84-09-22034-2

Idioma

Galego

Autor/a/es

Alba de Evan & Xavier Dominguez

Plataforma

VERKAMI

Tapas

Tapa dura

2 valoraciones en Fronteiras de papel. Conto. -2.ªed.-

  1. admin (propietario verificado)

    ‘Fronteiras de papel. A historia de Fátimah’ é un fermoso e comprometido álbum ilustrado, publicado por@antelaeditorial e da autoría de Alba De Evan
    @alba_de_evan e Xabier Dominguez@xabierdp, polo texto,así como de David Lorenzo @davidlorenzoillustration, polas ilustracións. Unha obra que xa chegou á súa segunda edición, o que nos alegra especialmente, xa que coa compra
    do volume colaboramos co labor desenvolvido pola
    asociación sen ánimo de lucro ‘Provivienda en Galicia’.
    O tema principal do libro é o do drama que sofren as persoas migrantes: as dificultades que viven nos seus lugares de orixe, a dureza das viaxes que as afastan das súas terras (por moito que viaxen coa esperanza dunha Utopía en ‘terras alleas’), os problemas de integración cando a realidade
    resulta tan diferente respecto do soñado e do desexado, ou o peso e a plena operatividade dos condicionantes, limitacións e dificultades integradoras derivadas da existencia das
    fronteiras políticas. Aínda así, nesta historia tamén hai lugar para esperanza; esa esperanza que xorde do soño, pero tamén de atopar persoas empáticas que axudan e colaboran na integración d@s migrantes nun mundo que non debería
    senón pertencernos ao conxunto da humanidade á marxe de calquera tipo de fronteira trazada polo poder sobre o papel…Unha fermosa obra pola historia que nos conta e pola mensaxe que nos transmite, pero tamén na que as propias ilustracións son un piar fundamental na conformación dun libro bonito, entretido e sentido en todos os aspectos. Non sei se o ilustrador se inspirou en persoas reais, mais os seus debuxos destacan pola súa expresividade e pola absoluta evocación das realidades e emocións que coido que se nos queren transmitir: desde o medo e a tensión, até a ilusión e a alegría.
    En definitiva, unha obra para desfrutar dunha lectura
    comprometida, que nos abre os ollos cara a outros mundos, outras realidades e un drama humano que non podemos deixar de lado ou esquecer.
    Boa lectura! #instalibrosgalicia
    #bookstagramgalicia #albumilustrado #contos
    #contosinfantis #migracion #migrantes #compromiso #racismo #xenofobia Hinstalivros #instabooks #booksforchildren #bookstagrammer
    #librosilustradosparaniños
    INSTAGRAM: @LECTUREO

  2. Bea Vázquez (propietario verificado)

    Este mes @lumadoito pídenos, para o #RetoLibrosContos, que leamos literatura infantil. Vaia, o que vén sendo o meu día a día no traballo
    A dicir verdade, ata que comecei a carreira nunca se me dera por facerlle moito caso aos libros infantís. É máis, a pesar de ser sempre moi lectora, sempre fun de ler «cousas de maiores», así que hai moitos clasicazos indispensables de literatura infantil e xuvenil que nunca lin. Pero afortunadamente na carreira tiven unha docente marabillosa que me fixo namorar da literatura para crianzas e agora unha das miñas tarefas favoritas é ir á biblioteca a buscar libros para as crianzas do cole. A de horas extra que fago alí mergullada entre andeis por amor á arte só as sei eu @ E ben feliz que as fago, tamén volo digo!
    Nunha das miñas últimas visitas vin este conto de
    @antelaeditorial. Nesta páxinas atopamos a historia de Fátimah e a súa familia, e da viaxe que fixeron cara Utopía para intentar conseguir unha mellor calidade de vida. Porén, ao chegar a esta nova terra descobren que as cousas non son tan idílicas como pensaban, pois as fronteiras, ademais de ser esas liñas que vemos debuxadas nos mapas, tamén son burocráticas.
    Antela é unha editorial que, a pesar de que aínda estou comezando a descubrir, penso que é moi para ter en conta.Os libros que coñezo polo momento parecéronme moi bos,cunhas ilustracións fermosísimas e cun deseño moi coidado.
    Pareceume unha historia que, a pesar de que narra algúns momentos moi duros, ten un final esperanzador que che fai pensar na bondade das persoas e é un bo modo de introducir ás nenas e nenos na realidade de moitas persoas migrantes.
    #LIX #Literaturalnfantil #Antela #LeoYRecomiendo
    #BookstagramGalicia
    INSTAGRAM: beavazquez_

Añade una valoración

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *