Nacín en Ourense (España) en 1984.
Desde que puiden soster un lapis na man souben que a miña paixón era o debuxo.
No colexio cando tiña sete anos, os meus mestres castigáronme por facer os debuxos aos meus compañeiros de escola.
Paso a maior parte do tempo facendo garabatos e debuxando ideas para novos proxectos, emocióname coma se cada un fose o primeiro.
Estudei Belas Artes e Ilustración completando a miña educación. Actualmente combino a miña profesión de ilustrador co ensino nunha academia de arte, O Atelier, onde ensino a nenos e adultos sendo a primeira fonte de inspiración.
Son amante do cinema en xeral, paso grandes tardes aniñado no sofá cunha manta xunto ós meus dous maiores tesouros, a miña muller e a miña cadeliña bulldog francés Pipa.
Deixa unha resposta