Xabier Domínguez Pérez

posted in: Autores | 0

Nado en Vilar de Barrio, provincia de Ourense, no ano 1984.

Gaña o «III certame de relato curto, Letras Galegas», Xinzo de Limia, e resulta finalista no concurso de relato curto “Entre nós, en galego”, na fase provincial en Ourense.

Estuda Maxisterio Musical en Santiago de Compostela. Adícase ao mundo da educación dende o remate da carreira.

Estréase no mundo do conto infantil ilustrado co relato A Superavoa de Antón, libro editado tanto en galego coma en castelán pola organización Meu Rei.

Criado á sombra da Serra de San Mamede, crea xunto coa súa compañeira Alba De Evan esta serie de contos con temática medioambiental, que leva por nome Naturizo (9 títulos) que transcorre na mesma Serra.

Con Xerais publica a novela xuvenil Maxia de Pedra.

Con Cumio A bruxa Selana.

Con Antela Editorial, Fronteiras de papel e O xigante de Allariz, Monchiño de Magarelos.

Enlace á entrevista feita polo xornal La Región de Ourense (suplemento Vida): ENLACE.

Enlace á entrevista feita polo xornal Faro de Vigo:ENLACE.

Enlace á entrevista feita polo xornal La Voz de Galicia: ENLACE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *