Descripción
Lis quere ser cabaleira, afouta coma a das lendas. Acompañada do seu amigo Bigotes, internarase no Bosque das Sombras en busca de aventuras. Mais a realidade pode ser máis complexa e difícil do que ela imaxinaba.
Conseguirá vencer todos os perigos?
Idioma: Galego, Castelán e Portugués
Idioma orixinal: Galego.
Tradución ao castelán: Antela Editorial.
Idade recomendada: A partir de 5 anos.
ISBN: 979-13-990609-0-4 (G) / 979-13-990609-8-0 (ESP) / 979-13-990609-9-7 (PT)
DL: OU 284-2025 (G) / OU 285-2025 (ESP) / OU 286-2025 (PT)
Autora do texto e da ilustración: Clara Artiaga
Normativizado: Iolanda Mato
Deseñado e Maquetado: Alba De Evan
Impreso: Imprenta Mundo










Miguel –
Vía Instagram: @lectureo
Clara Artiaga @claraarti acaba de publicar con Antela Editorial @antelaeditorial un fermoso álbum ilustrado no que se mesturan varios ingredientes que gustou descubrir nun libro coma este: un mundo cheo de fantasía e cun aire neomedievalizante; unha protagonista con personalidade pero tamén cunha profundidade na que hai espazo para os soños, así como para as dúbidas, os medos e os supostos fracasos; un bosque de sombras como espazo idóneo para o misterio e a aventura, ademais de tamén para a maxia; unha estética amigábel e fermosa na que se combinan referentes visuais evidentes, xunto a outros trazos con personalidade propia que dotan de singularidade e gran beleza o libro; e, finalmente, a vontade de transmitir unha mensaxe tan importante como que o valor “é loitar por aqueles que non poden facelo, enfrontando as sombras e levantándose unha e outra vez”, sen que o desexo de transmitirnos este principio comprometa o artefacto artístico-literario como conxunto creativo e de goce lector.
Se ben é certo que nalgunhas ocasións a narrativa pode parecer algo escasa para unha comprensión total dalgunha que outra situación, unha (re)lectura visual atenta permítenos comprender que, fronte a outras obras onde o texto e a imaxe poden chegar a disociarse, neste caso resulta imprescindible o avance integral do libro coa lectura e a visualización de cada pequeno detalle, páxina a páxina. Desta forma, o lectorado debe permanecer atento para sentirse plenamente engaiolado polas aventuras dunha Lis que ben poderían seguir sendo contadas por xograres e trobadores, e, por que non?, tamén por xograresas e trobairitz! Oxalá a(s) historia(s) desta cativa que quere ser cabaleira continúen máis alá do bosque das sombras..