Descripción
Os pais de Maldiño esperan que manteña unha curiosa tradición familiar, pero só conseguen que os decepcione unha e outra vez.
Poderá Maldiño ser feliz a pesar de todo?
Idioma: Galego
Idioma orixinal: Galego
Idade recomendada: A partir de 3 anos.
ISBN 978-84-127217-0-6
Depósito legal: OU 195-2023
Autor do texto: Esteban Souto
Autor da ilustración: Esteban Souto
Normativizado: Iolanda Mato
Deseñado e maquetado: Gerardo Covela
Impreso: IMGRAFOR SA
Con este álbum ilustrado para cativos, queremos achegar a historia familiar do pequeno Maldiño, e da súa curiosa tradición familiar. O seu pai insiste en que el tamén o faga. Conseguirá manterse fiel a si mesmo?
Unha historia sobre expectativas, autocoñecemento e aceptación onde descubrir que cambiar vellas dinámicas é posible.
admin –
INSTAGRAM: @lectureo ‘Maldiño, a vergoña da familia’ é un álbum ilustrado de Esteban Souto @esteban.souto, publicado por @antelaeditorial no 2023 e que recomendaría moi moito tanto pola súa estética como pola historia que narra.
Respecto do primeiro destes aspectos, a min gañoume co seu punto gótico e tenebroso, que, sobre todo no caso da mai da familia, Maldicia, non puiden deixar de asociar a outra gran muller do noso imaxinario occidental máis escuro:
Morticia Addams!!! Ao mesmo tempo é unha ilustración coidada e moi amable, elegante… Ideal para unha obra de literatura infantil. En todo caso, o protagonista da historia, Maldiño (cuxa estética amable e alegre certamente ten algo de repelente -a ver se vou ser eu como os seus pais…Maldón e Maldicia-), non encaixa no seo da súa familia e, daquela, a trama xira ao redor de se é posible, ou non, harmonizar ou paliar as diferenzas entre el e os seus proxenitores. Pode chegar o rapaz a mudar de actitude e comezar a facer o mal? Ou hai alternativas para un neno coma Maldiño que,pola contra, o que desexa é divertirse e axudar, sobre todo aos animais? Unha pequena historia sobre as diferenzas
entre pais e fillos (especialmente cando estes últimos non cumpren coas expectativas dos primeiros) e sobre a liberdade de ser un mesmo e de selo rachando coas tradicións familiares… Tiven a sorte de que o autor lle dedicara este libro á miña sobriña, Aldara, e, certamente, despois de lela, penso que é das obras que ben merecen ser, (re)lidas por ambos nun #lendoconaldara en canto poidamos facelo conxuntamente. Boa lectura!!! #instabooks#instalibros #instalibrosgalicia #book #bookstagramgalicia#booksforchildren #opracerdeler #ler #lerengalego #literaturainfantil #librosilustradosparaniños #diferentes #gotico #ilustradoras #ilustration #library #valores