Xa non son malo. Conto. (GAL/ESP) -3.ªed.-

(1 valoración de cliente)

17,50

3ª EDICIÓN XA Á VENDA!

Xa non son malo, é unha fermosa historia sobre a natureza, a amizade, e sobre todo, sobre as segundas oportunidades.

PULSA NA IMAXE PARA DESCARGAR O CADERNO IMPRIMIBLE DE ACTIVIDADES

Xa non son malo actividades

Borrar seleción

Descripción

Lobo Feroz vive nas Fragas Floridas co seu amigo Ourizo Rufo. Xuntos vixían os bosques e reciclan o lixo que atopan polo camiño. Aínda así, algúns desconfían del. Lobo Feroz xa non é malo, pero… será quen de demostralo?

Idioma: Galego

Idioma orixinal: Galego e Castelán

Idade recomendada: A partir de 6 anos.

ISBN: 978-84-09-27392-8 (G) / 979-13-88089-01-5 (ESP)

DL:  OU 12-2021 / OU 316-2025 (ESP)

Autora do texto: Paula Merlán

Autora da ilustración: Blanca Millán

Normativizado: Raquel Rodríguez

Deseñado e maquetado: Gerardo Covela

Impreso: IMGRAFOR SA

 

Xa non son malo, é unha fermosa historia sobre a natureza, a amizade, e sobre todo, sobre as segundas oportunidades.

Pulsa para ver en YOUTUBE o trailer!

Información adicional

Dimensiones 21 × 1 × 27 cm
Idioma

Castellano, Galego

1 valoración en Xa non son malo. Conto. (GAL/ESP) -3.ªed.-

  1. admin

    INSTAGRAM: @lectureo Teño debilidade polos antagonistas e s mal@s das películas. Talvez por iso (como xa veriades) gústame ler sobre lobos, bruxas…e demais seres de mala sona. Se algo odiaba de pequeno era que eses ‘malos’ morreran ou
    desapareceran da trama para sempre, pois iso impedíame coñecer mellor a súa historia (para saber por que eran así) e tamén era un adeus definitivo que lles impedía mudar e mellorar. Pois ben, ‘Xa non son malo’ de Paula Merlán @paulamerlan_oficial e Blanca Millán @blancamillanilustra,é unha fermosísima proposta literaria e ilustrada, publicada por @antelaeditorial no 2021 e que xa vai pola súa segunda edición. Isto non me resulta nada raro, pois a súa lectura é unha fermosísima e entretida historia sobre a madurez do Lobo Feroz das historias de Carapuchiña vermella, un personaxe ben coñecido no noso imaxinario cultural pero que aquí vive outra fase da súa vida: unha etapa tranquila xunto ao Ourizo Rufo e tratando de facer o ben no bosque.Mais… a clave está en… todo o mundo é capaz de esquecer como era o Lobo Feroz e o que fixo na súa xuventude? Pode a xente perdoar as falcatruadas dos malvados? Sen dúbida as palabriñas lévaas o vento, mais as obras? De verdade, Unha historia deliciosa para reimaxinar, unha vez máis, a figura dos lobos nas historias infantís e xuvenís. Unha historia de amor, amizade, axuda e colaboración. E sobre as ilustracións… só quero insistir na súa calidade e fermosura, e na precisión absoluta dos detalles. Gústame moito ese libro que leva por título ‘Guía do lobo bo’ e que forma parte do decorado!!! Libros dentro de libros… Nada mellor. Boa lectura para a cativada e para s que crecemos con historias de lobos. Aquí unha moi fermosa e cun final… por descubrir!
    #instabooks #instalibros #instalibrosgalicia
    #bookstagramgalicia #literaturainfantil Halbumilustrado #lix #lij #literaturagalega #lerengalego #galego #ilustradoras #escritoras Hlobo #wolf #contos #contosinfantis #cuento
    naturaleza nature Hlivres Hlivroilustrado #livros
    #opracerdeler #lendoconaldara Hbosque

Añade una valoración

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

También te recomendamos…

O xigante de Allariz
O xigante de Allariz. Conto.
Nestas páxinas un conto que tivo lugar aquí, as vivencias de Monchiño, o xigante de Allariz.
16,50 Añadir al carrito
Fronteiras de papel. Conto. -2.ªed.-
Fronteiras de papel. Conto. -2.ªed.-
2ª EDICIÓN XA Á VENDA! Fátimah e a súa familia emprenden unha viaxe alén do mar, que os leva a descubrir que as fronteiras máis difíciles de sortear poden estar feitas de algo tan fráxil como o papel.
14,90 Añadir al carrito
Elvira. Conto. (GAL/ESP) -2.ªed.-
Elvira. Conto. (GAL/ESP) -2.ªed.-
Que pode facer unha avestruz coas súas ás? Pode brincar, aplaudir, saudar, apertar, tocar… … pero Elvira quere algo máis…  
17,50 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto