Blanca Rodríguez Millán

posted in: Autores | 0

Nada en Touro no 1991. Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, tamén conta cun mestrado en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual. Pinta dende que ten memoria e ilustra contos dende que é nai.

Tocou diversos campos do mundo da ilustración, como o deseño editorial, a ilustración de produto ou a cartelería, pero a súa gran paixón son os libros ilustrados.

No 2017 publicáronse os seus primeiros traballos de álbume ilustrado, Manuela e A maxia de mamá, este último como autora íntegra, e dende entón non deixou de traballar. Nos últimos tres anos ilustrou máis de vinte libros para o mercado galego, nacional e americano, e segue a traballar en novos proxectos dende o seu pequeno estudio. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *