PINGA. (GAL) Libro para bebés.

(1 valoración de cliente)

12,00

Pinga está en todas partes, podes atopala?Búscaa no vento e persíguea no mar a través das ilustracións e texturas que acompañan ao texto neste fermoso libro para bebés.

Descripción

Pinga está en todas partes, podes atopala?Búscaa no vento e persíguea no mar a través das ilustracións e texturas que acompañan ao texto neste fermoso libro para bebés.

Idioma: Galego

Idade recomendada: A partir de 0 anos.

ISBN: 979-13-88089-08-4

DL: OU 78-2026

Autora do texto: Andrea Freire

Autora da ilustración: Aida Alonso

Normativizado: Iolanda Mato

Impreso: Liberis

Información adicional

Dimensiones 16 × 1,6 × 16 cm
Idioma

Galego

1 valoración en PINGA. (GAL) Libro para bebés.

  1. Miguel

    Vía Instagram: @lectureo.
    Un pobo, unha lingua e unha literatura precisan da plena integración da cativada no seu presente para poder ter un futuro. Por iso mesmo, coido que é esencial que, ademais da fala e das historias orais que lle contamos á cativa na máis tenra infancia, esta tome contacto directo cos libros -e con outros produtos culturais- na súa lingua materna desde o principio.

    Neste sentido, non podo máis que celebrar a publicación de ‘Pinga’, con textos da autoría de Andrea Freire e cunhas fermosísimas ilustracións de Aida Alonso @aidalonso.ilustra -cheas de cor, amabilidade e volumes-, pois estamos ante un libro de páxinas ríxidas ou acartonadas, ideal para prelectores ou para eses primeiros lectores que van descifrando as primeiras palabras en letras maiúsculas, co que se enriquece a oferta galega nesta franxa de idade, na que, certamente, cómpre ampliar a oferta para normalizar a presenza da nosa lingua fronte aos libros desta liña en castelán.

    Neste caso, ademais, a proposta que nos ofrece Antela @antelaeditorial non só resulta brillante e luminosa esteticamente -co que atrapará facilmente a tod@s nós desde os 0 anos- senón que tamén constrúe unha fermosa historia protagonizada por unha pinga que experimenta todo o complexo ciclo da auga. Unha intelixente forma de ensinar a heteroxeneidade e omnipresencia dunhas pingas que bailan, desaparecen ou mudan de estado no marco de experiencias vitais moi próximas ao día a día na infancia, coa que facer gozar a cativada das historias e ilustracións dun libro impecable.

    Sen artificios nin adobíos innecesarios, velaquí un libro do máis recomendable pola forma e o fondo, dos que deben conformar esas primeiras bibliotecas galegas que lles desexo aos galegos e galegas que veñen e virán. No meu caso sen dúbida un libro ideal para un #lendoconAldaraeBento!!! Boa lectura!

Añade una valoración

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *