Animálgama. Poesía.

(2 valoraciones de clientes)

16,90

Isto que tes nas mans non é un libro corrente,
é unha ANIMÁLGAMA!
E iso que é?
É un fantastilibro no que a poesía se volveu tola.
É «un gorila que baila ao son dunha gaita».
É «un verme en monopatín».
Ou incluso «unha medusa con tiracroios».
Se non mo cres, ábreo e verás!
Unha animálgama agarda por ti.
Seguro que che fai rir.

Descripción

Isto que tes nas mans non é un libro corrente,
é unha ANIMÁLGAMA!
E iso que é?
É un fantastilibro no que a poesía se volveu tola.
É «un gorila que baila ao son dunha gaita».
É «un verme en monopatín».
Ou incluso «unha medusa con tiracroios».
Se non mo cres, ábreo e verás!
Unha animálgama agarda por ti.
Seguro que che fai rir.

 

Idioma: Galego

Idioma orixinal: Galego 

Idade recomendada: A partir de 3 anos.

ISBN: 978-84-127217-1-3

Depósito legal: OU 292-2023

Autor do texto: Ramón Sánchez

Autora da ilustración: Lucía Barrios

Normativizado: Iolanda Mato

Deseñado e maquetado: Gerardo Covela

Impreso: IMGRAFOR SA

Con este álbum ilustrado pretendemos achegar o mundo da poesía á cativada dun xeito diferente, ameno e divertivo.
En «Animálgama» poderás atopar un feixe de historias disparatadas que farán que pequenos e maiores rían a cachón.

Información adicional

Dimensiones 22 × 1 × 22 cm

2 valoraciones en Animálgama. Poesía.

  1. María

    Encantoume o libro! Unha delicia de poemas para pequenos de 0 a 99 años, cunhas historias disparatadas e as ilustracións preciosas. A edición moi coidada onde se ve o agarimo posto. ♥️

  2. admin

    INSTAGRAM: @lectureo Neste 30 de xaneiro, Día da llustración, non quero deixar de recomendarvos esta novidade de @antelaeditorial:o fermoso álbum ilustrado ‘Animálgama’, unha obra creada grazas á perfecta combinación dos textos poéticos de Ramón Sanchez @ramonsv75 e as divertidísimas ilustracións de Lucía Barrios @lu.bar_ilustracion; ilustracións cheas de imaxinación e que constitúen un verdadeiro e
    inmellorable complemento enriquecedor para os poemas de R. Sánchez.
    Estamos ante dun libro co que estou seguro de que gozarei de moi bos momentos nun #lendoconaldara xa que os mais pequenos van atopar aquí poemas cheos de animais -cos que aprenderan moito sobre a fauna terrestre, acuática e aérea-, pero tamén de humor, de historias que non por escribirse en verso perden a esencia narrativa e mesmo de desafíos. É precisamente a riqueza de matices un dos aspectos que máis destacan neste álbum que se le (e ve) con sumo gusto e sempre cun sorriso nos beizos. Se o inicio
    deste ‘fantastilibro’ xa é un acerto á hora de atraparnos e conformar un ciclo co poema final dos abrazos, recoñezo que sentín debilidade polas historias de ‘Un caracol, un patinete e unha cita’ e pola de ‘A cuadrilla galiña. Operación:»aguia voadora». Ao mesmo tempo, os poemas-adiviñas do ‘Dixomedixome (é hora de que saibas a verdade)’ conforman unha moi enxeñosa forma de ensinar cousas e botar abaixo mitos, mais dunha forma divertida.
    En definitiva, un libro para desfrutar, cheo de poesía, aprendizaxes e, sobre todo, de moitos animais!!! Boa lectura!
    #instabooks Hilustradorasgalegas #instalibrosgalicia #bookstagramgalicia #booksforchildren #librosilustrados #albumilustrado #literaturainfantil #literaturagalega #poesia animals animais opracerdeler #galego infancia #poetry

Añade una valoración

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

También te recomendamos…

Fronteiras de papel. Conto. -2.ªed.-
2ª EDICIÓN XA Á VENDA! Fátimah e a súa familia emprenden unha viaxe alén do mar, que os leva a descubrir que as fronteiras máis difíciles de sortear poden estar feitas de algo tan fráxil como o papel.
14,90 Añadir al carrito
Luuume!. Conto. -2.ªed.-
Misto sempre anda alporizado e, namentres, a vida vai sucedendo. A súa familia e amizades tentarán axudalo pero, serán quen de conseguilo?

CONTO ADAPTADO Á LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA (LSE) 

16,90 Añadir al carrito
Xa non son malo
Xa non son malo. Conto. -2.ªed.-
2ª EDICIÓN XA Á VENDA! Xa non son malo, é unha fermosa historia sobre a natureza, a amizade, e sobre todo, sobre as segundas oportunidades. *Coa adquisición do libro "Xa non son malo"  entrégase, de agasallo, un exemplar do caderno de actividades en papel.  

PULSA NA IMAXE PARA DESCARGAR O CADERNO IMPRIMIBLE DE ACTIVIDADES

Xa non son malo actividades
17,50 Añadir al carrito
Maldiño, a vergoña da familia. Conto.
Os pais de Maldiño esperan que manteña unha curiosa tradición familiar, pero só conseguen que os decepcione unha e outra vez. Poderá Maldiño ser feliz  a pesar de todo?
16,90 Añadir al carrito