Raianos. Conto. (GAL/PT)

€16,90

Raianos recupera a memoria do contrabando e do comercio de subsistencia na raia entre Galicia e Portugal a través dos ollos de dous nenos. Entre o segredo e o medo, o frío e a emoción, o que máis pasa dunha banda a outra é unha amizade verdadeira. Un álbum para achegar ás nenas e aos nenos a historia compartida da fronteira e a cultura raiana.

Un libro para ler en voz alta, en galego ou en portugués, ou nas dúas linguas a un tempo.

Descripción

Dous nenos, un río e unha fronteira que non lles impide ser amigos.

Xan dos Carboeiros vive do lado galego da raia seca; João dos Galões, do lado portugués. Aínda non cumpriron dez anos, pero xa traballan de sol a sol para axudar nas súas casas. Xan e João escríbense cartas que ás veces chegan tarde ou se perden polo camiño, e esperan con impaciencia as noites do troco. Entón, ao abeiro da escuridade, cruzan o río en barca cos sacos de carbón e de café ata a carballeira onde se atopan, cheira a café, hai fachos acesos, xogos e apertas ben fortes.

Idioma: Galego e portugués.

Idioma orixinal: Galego.

Idade recomendada: A partir de 3 anos.

ISBN: 979-13-88089-15-2 (G/PT)

DL: OU 225-2026 (G) / 

Autores do texto: Xabier Domínguez e Alba De Evan

Autora da ilustración Mara Méndez

Normativizado: Iolanda Mato (Gal)

Traducido: Elisabete Ramos (PT)

Deseñado e Maquetado: Antela Editorial

Impreso: Norprint

Raianos recupera a memoria do contrabando e do comercio de subsistencia na raia entre Galicia e Portugal a través dos ollos de dous nenos. Entre o segredo e o medo, o frío e a emoción, o que máis pasa dunha banda a outra é unha amizade verdadeira. Un álbum para achegar ás nenas e aos nenos a historia compartida da fronteira e a cultura raiana.

A creación e primeira edición desta obra foron cofinanciadas pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do proxecto EUROCIDADE TERMAL E DA AUGA — Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.

Información adicional

Dimensiones 15 × 1 × 20 cm
Idioma

Castellano, Galego, Portugués

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Raianos. Conto. (GAL/PT)”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *