cultura xaponesa
Mostrando los 2 resultadosOrdenado por popularidad

Contos en Kamishibai.
Agora os nosos contos de Antela, nun novo produto para fogares, escolas e bibliotecas. Contos en formato Kamishibai.
Kamishi-que?
O Kamishibai xorde no Xapón durante a crise económica de finais dos anos 20 do século XX como fórmula para combater o desemprego. A un home que vendía doces en bicicleta ocorréuselle empregar un pequeno teatro de madeira no que, metendo e sacando láminas, contaba unha historia e así a cativada estaba máis motivada a comprarlle lambetadas.
En tamaño A4 especial para contos no fogar, e A3 para grandes grupos e colexios.
Completa a túa compra co Butai feito polos amigos de Miudiño.

Butai (Teatro Kamishibai)
Butai-que?
Butai de madeira artesanal - Feito polos compañeiros de Miudiño (A xanela dos contos)
O butai é un pequeno teatro de madeira, especialmente deseñado para contar historias e presentar kamishibai (unha forma tradicional xaponesa de narración con láminas ilustradas). Feito a man polos amigos de Miudiño, este butai destaca pola súa calidade e acabado natural, ideal para escolas, bibliotecas ou fogares.
É unha ferramenta única para compartir contos dun xeito máxico e interactivo, fomentando a imaxinación e o amor pola lectura.
En tamaño A4 especial para contos no fogar, e A3 para grandes grupos e colexios.
Completa a túa compra do Butai feito polos amigos de Miudiño, cos nosos contos de Antela Editorial, aquí!