Ula e Vinca. Cómic. (GAL/ESP)

(1 valoración de cliente)

16,90

Cando Vinca aparece misteriosamente na casa de Ula, a bruxa non sabe que facer con ela. Antes de se decatar, a cativa sorprenderaa cos seus inesperados poderes.
Pero, de onde vén, e que é realmente Vinca?
Embárcate nesta fermosa e máxica aventura para descubrilo..

Nesta banda deseñada para cativos achegamos a historia de Ula e Vinca, Xunto a elas descubrirás o valor da familia, da maxia, do amor.

Borrar seleción

Descripción

Autora do texto e da ilustración: María Brenn

Colección: Galo pinto

Idioma: Galego / Castelán

Idioma orixinal: castelán.

Tradución ao galego: Antela Editorial.

Idade recomendada: A partir de 6 anos.

ISBN: : 978-84-125452-7-2 (G) / 978-84-125452-8-9 (C)

Depósito Legal: OU 137-2023 / OU 138-2023

Normativizado: Iolanda Mato

Deseñado e maquetado: Gerardo Covela

Impreso: IMGRAFOR SA

 

Sinopse: Cando Vinca aparece misteriosamente na casa de Ula, a bruxa non sabe que facer con ela. Antes de se decatar, a cativa sorprenderaa cos seus inesperados poderes.
Pero, de onde vén, e que é realmente Vinca?
Embárcate nesta fermosa e máxica aventura para descubrilo.

Información adicional

Peso 0,2 kg
Dimensiones 18,5 × 1 × 25,5 cm
Idioma

Galego, Castellano

1 valoración en Ula e Vinca. Cómic. (GAL/ESP)

  1. admin

    INSTAGRAM: @lectureo Velaquí un libro fermosísimo polo seu contido e polo seu continente!!! María Brenn @mariabrennmb imaxinou, debuxou e escribiu ‘Ula e Vinca. O feitizo de primavera’, unha banda deseñada que é pura maxia e emoción, publicada por @antelaeditorial e que tiven o pracer de descubrir onte no @culturgal_feira_. Merquei a obra porque me gustan as historias de bruxas, mais non podía
    imaxinar o bonita que sería esta; unha verdadeira peza artística e literaria que nos fala dos vínculos afectivos interxeneracionais e, sobre todo, do ciclo anual da natureza.Máis alá dunha forte dose de fantasía, que sempre estimula a imaxinación e enriquece o noso imaxinario literario-visual en obras de banda deseñada coma esta, a obra céntrase na relación entre a bruxa Ula e a nena-muller-anciá Vinca (xunto ás que non podemos esquecer o gato Bartalán!!! -que sería dunha bruxa sen un gato? Isto dáme para imaxinar unha historia dunha bruxa alérxica…, pero ese é outro tema-),e remata por converterse nun auténtico canto á natureza; unha natureza na que coexisten o tempo da sembra e do xerminar co da colleita e a morte/hibernación. A pesar da súa brevidade, quero destacar a intensidade da historia e, de feito, antes de chegar ao final, recoñezo que ten un pico de tensión importante que me fixo temer polo finalm… Mais mellor non desvelo nada. Teño claro que será unha historia para un #lendoconaldara e, de feito, agradezo á autora a
    dedicatoria para a miña sobriña, adornada, ademais, con esa cara amable da bruxa Ula!!! Porque bruxas hai moitas, pero Ula xa é unha desas das que me gustaría saber máis!!! Oxalá unha nova historia… Esta de verán… Boa lectura!
    #bandadeseñada #literaturainfantil #lix #lij
    #literaturaxuvenilgalega #comic Hilustration #ilustradoras #ilustración #ilustradorasgalegas #primavera #bruxas #bosque #natureza #naturaleza Harte #bookstagramgalicia#book #instabooks #instalibros #librosilustradosparaniños

Añade una valoración

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *