Miquits 2. Visita á casa da avoa. Cómic. (GAL/ESP/PT)

(1 valoración de cliente)

12,90

Miquits non é un gato calquera, é o inseparable compañeiro dunha bruxa. Canda ela, e o resto dos seus amigos, enfróntase a misterios e perigos en cada recuncho. Nesta ocasión, a viaxe lévaos ata a casa da avoa Emelinda, onde novas aventuras e desafíos os agardan.
Un cómic cheo de maxia, diversión e emocións que conquistará pequenos e maiores.

Borrar seleción

Descripción

Miquits non é un gato calquera, é o inseparable compañeiro dunha bruxa. Canda ela, e o resto dos seus amigos, enfróntase a misterios e perigos en cada recuncho. Nesta ocasión, a viaxe lévaos ata a casa da avoa Emelinda, onde novas aventuras e desafíos os agardan.
Un cómic cheo de maxia, diversión e emocións que conquistará pequenos e maiores.

Idioma: Galego, Castelán e Portugués

Idioma orixinal: Galego.

Tradución ao castelán: Antela Editorial.

Idade recomendada: A partir de 3 anos.

ISBN: 978-84-127217-8-2 (G) / 978-84-127217-9-9 (ESP) / 978-84-129174-2-0 (PT)

Autores do texto: Alba De Evan e Xabier Domínguez

Autora da ilustración: Paula Cheshire

Normativizado: Iolanda Mato

Deseñado e Maquetado: Gerardo Covela

Impreso: IMGRAFOR SA

 

Nesta banda deseñada para cativos achegamos unha nova historia de Miquits, o gato dunha bruxa. Xunto con ela os seus amigos, vivirán mil e unha aventuras divertidas, aprendendo o valor da amizade e do compañeirismo.

Información adicional

Dimensiones 15 × 1 × 20 cm
Idioma

Castellano, Galego, Portugués

1 valoración en Miquits 2. Visita á casa da avoa. Cómic. (GAL/ESP/PT)

  1. admin

    ‘Miquits. Visita á casa da avoa’, de Paula Cheshire @paulacheshire_, pola ilustración, e Alba de Evan @alba_de_evan e Xabier Dominguez @xabierdp, polo texto, é unha obra publicada por @antelaeditorial, que chega ás nosas mans como resultado da máxica combinación duns personaxes estupendos e do máis riquiños, unha boa e entretida trama de cotiandade fantástica, aventuras e vínculos afectivos, e unha fermosísima banda deseñada. En definitiva, este retorno ao universo literario e artístico de Miquits non só cumpre senón que supera todas as expectativas que naceron en min cando souben que habería unha continuación.Ademais de combinar o humor, o medo e o ‘riquiñismo’ nunha historia de bruxas, gatos negros, ratos e outros seres fantásticos que imos descubrindo con motivo dunha viaxe á casa da avoa Emelinda, situada preto do Lago Paraíso, estamos ante unha obra chea de maxia, de novos personaxes que nos engaiolan, como a estupenda e traballadora dona Estruga -eu sigo coa miña debilidade polas arañas!- e, sobre todo, de amizade. De feito, se algo zumegan estas páxinas é, precisamente, ese fermoso
    sentimento que os vai unindo a todos. Que emocionante é ver como continúa e sae reforzado desde a distancia o vínculo entre Miquits, Rato e Can. De verdade… que parte tan bonita da historia!
    Ademais, neste libro tamén poderemos descubrir o moito que nos poden axudar as bruxas -se non a nós, cando menos si a outros seres máxicos que teñen problemas do máis mundanos- ou como os malos malísimos tamén acaban preferindo vivir en casas de biscoito e non en cortellos. Porque, ao final, non che vos teñen nada de parvos!!!
    En definitiva, viaxemos con Miquits desde o noso fogar, e desfrutemos das partidas e, sobre todo, dos retornos aos universos literarios que nos fan sentir ben. Velaquí un bo exemplo: unha obra para ler e tamén unha obra para recomendar con moito entusiasmo a todo tipo de público.
    Boa lectura!
    Vía Instagram: @lectureo

Añade una valoración

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *