PAT ESTRELA. Cómic. (GAL/ESP)

(1 valoración de cliente)

14,90

Pat Estrela vive en Helios, unha vila pesqueira onde están a acontecer cousas estrañas e preocupantes, como a aparición dunha illa de plástico na costa. Cando un obxecto misterioso procedente do ceo cae nela, Pat decide ir investigar.
Acompáñaa nesta aventura para descubrir a verdade!

 

Borrar seleción

Descripción

Pat Estrela vive en Helios, unha vila pesqueira onde están a acontecer cousas estrañas e preocupantes, como a aparición dunha illa de plástico na costa. Cando un obxecto misterioso procedente do ceo cae nela, Pat decide ir investigar.
Acompáñaa nesta aventura para descubrir a verdade!!

Idioma: Galego e Castelán.

Idioma orixinal: Galego.

Tradución ao castelán: Antela Editorial.

Idade recomendada: A partir de 7 anos.

ISBN: 979-13-88089-05-3 (G) / 979-13-88089-06-0 (ESP) 

DL: OU 13-2026 (G) / OU 14-2026 (ESP) 

Autor do texto: David Braña.

Autora da ilustración: Ángela Curro

Normativizado: Iolanda Mato

Deseñado e Maquetado: Antela Editorial

Nesta banda deseñada para cativos achegamos a historia de Pat estrela. Unha aventura chea de amizade, aventuras e emoción, onde nada é o que parece. Un relato que nos convida a reflexionar sobre o coidado do planeta.

Información adicional

Dimensiones 15 × 1 × 20 cm
Idioma

Castellano, Galego, Portugués

1 valoración en PAT ESTRELA. Cómic. (GAL/ESP)

  1. Miguel

    Vía instagram @lectureo
    Antela Editorial @antelaeditorial é unha desas (novas) editoras que están a enriquecer notablemente a LIX galega e en galego co seu catálogo, conectando de forma efectiva coa cativada da nosa terra, e a partir de aí con moita outra xente! Ademais, no meu caso están a lograr algo que nunca pensei que pasaría: afeccionarme á banda deseñada. Pero, claro, como non vou desfrutar de propostas como a de hoxe, na que se combina iso que tanto me presta: forma e fondo. Falo de ‘Pat Estrela e o xigante de plástico’, de David Braña @branyigan_guionista (polo texto) e Ángela Curro @ancusailustraciones (polas ilustracións).

    Cun ritmo áxil no que a aventura avanza de forma efectiva e sen distraccións (aínda que tampouco sen apuros innecesarios), o libro lévanos a Helios, unha vila mariñeira na que o alcalde trata de convencer á veciñanza do beneficioso que resulta ter nas súas costas unha illa de plásticos a cambio duns ingresos que, segundo el, poderán repercutir beneficiosamente na vila (obviamente antes no seu peto, por suposto).

    Neste contexto, unha das habitantes do lugar, a nosa protagonista (chamada Pat Estrela), fixarase en que algo cae desde o ceo á illa en cuestión e, por suposto, non pode reprimir a súa curiosidade. Neste caso, e como sucede en boa parte da LIX, a curiosidade non mata gatos senón que é o motor para comezar unha aventura na que non só hai corrupción ou moito lixo e contaminación (tanto terrestre como espacial), senón tamén novas amizades, loita social, colaboración mutua, robots, tesouros, viaxes espaciais, e, por suposto, xogos e moita imaxinación. Incluso poderedes aprender a debuxar os protagonistas da historia como comprobaremos ao final do volume (eu mellor nin o intento!).

    Unha obra sumamente entretida, na que hai crítica ante o drama medioambiental derivado da acción humana pero tamén espazo para a esperanza porque, como di o robot Eco, o noso tamén é un planeta especial no que hai boas persoas e lugares ben fermosos. Que así sexa!!! E para conseguilo, a literatura tamén pode ser unha firme aliada. Así que… boa lectura e, insisto, Pat, Balbo e Eco ben merecen vivir novas aventuras por este planeta noso ou… quen sabe por onde! 😍

Añade una valoración

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

También te recomendamos…

Ula e Vinca. Cómic. (GAL/ESP). -2.ªed.-
Ula e Vinca. Cómic. (GAL/ESP). -2.ªed.-
Cando Vinca aparece misteriosamente na casa de Ula, a bruxa non sabe que facer con ela. Antes de se decatar, a cativa sorprenderaa cos seus inesperados poderes. Pero, de onde vén, e que é realmente Vinca? Embárcate nesta fermosa e máxica aventura para descubrilo.. Nesta banda deseñada para cativos achegamos a historia de Ula e Vinca, Xunto a elas descubrirás o valor da familia, da maxia, do amor.
16,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Miquits. Cómic.(GAL/ESP)  -2.ªed.-
Miquits. Cómic.(GAL/ESP) -2.ªed.-
Miquits é un gato, mais non un calquera, é o familiar dunha bruxa! Xunto ela vive aventuras perigosas e emocionantes para se esmendrellar coa risa. Atréveste a acompañalo?

Pincha en Miquits para descargar o caderno de actividades.

Inventa a túa propia historia e colorea.

   
12,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
O grande aviario. Cómic. (GAL/ESP)
O grande aviario. Cómic. (GAL/ESP)
Os lugares máxicos e misteriosos son difíciles de descubrir. Esta é a historia de como nós chegamos ao noso, a nosa propia historia onde todo é posible. Estás preparado para soñar e creer? Queres coñecela? Abre o libro... e comeza a ler! . Nesta banda deseñada para cativos achegamos a historia de dúas nenas Lea e Íar, Xunto a elas vivirás unha aventura divertida, aprendendo o valor da amizade e das aves.
16,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto