Avelaíña e o camiño á illa (GAL/ESP)

14,90

EN PREVENDA

LIBRO DISPOÑIBLE A PARTIR DO 1 de MAIO.

Escoitas ese bater de ás? Xa case está aquí! Avelaíña e o camiño á illa, a nova banda deseñada de Bea Gregores, diríxese a conquistar o teu corazón.
Deixa un oco na túa estantería para esta fermosa historia de aventuras, encontros inesperados e aprendizaxe, onde acompañarás a Avelaíña na busca do seu destino.
Encárgao en prevenda e consigue chapas, marcapáxinas e un print exclusivo!
Nas compras realizadas a través da nosa web os agasallos engadiranse automáticamente ao teu pedido.
Se encargas o libro na túa libraría de confianza, envíanos foto do ticket a info@antelaeditorial.com coa túa dirección e farémoschos chegar.
Dirixida á cativada de 8 a a 99 anos ❤️

 

Un día calquera,
nun pequeno bosque,
naceu unha avelaíña cunhas ás
un pouco estrañas…

Cando Avelaíña naceu había tempo que o resto de avelaíñas marcharan. Decidida a atravesar o bosque para seguilas, irá descubrindo seres estraños e peculiares que a farán plantexarse a onde quere dirixirse e por que.

Unha marabillosa fábula de aventura e descubrimento, a través dunha natureza engaiolante, sobre atopar o noso lugar no mundo.

Clear selection

Descripción

Un día calquera,
nun pequeno bosque,
naceu unha avelaíña cunhas ás
un pouco estrañas…

Cando Avelaíña naceu había tempo que o resto de avelaíñas marcharan. Decidida a atravesar o bosque para seguilas, irá descubrindo seres estraños e peculiares que a farán plantexarse a onde quere dirixirse e por que.

Unha marabillosa fábula de aventura e descubrimento, a través dunha natureza engaiolante, sobre atopar o noso lugar no mundo.

Idioma: Galego / Castelán

Idioma orixinal: castelán.

Tradución ao galego: Antela Editorial.

Idade recomendada: A partir de 6 anos.

ISBN: 978-84-127217-6-8 (G) / 978-84-127217-7-5 (ESP)

Depósito legal: OU 59-2024 / OU 60-2024

Autora do texto e da ilustración: Bea Gregores

Normativizado: Iolanda Mato

Deseñado e maquetado: Gerardo Covela

Impreso: IMGRAFOR SA

 

Información adicional

Peso 0,25 kg
Dimensións 22 × 22 × 1 cm
Idioma

Castellano, Galego

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Avelaíña e o camiño á illa (GAL/ESP)”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *