Descripción
Miquits é un gato, mais non un calquera, é o familiar dunha bruxa. Xunto a ela vive aventuras perigosas e emocionantes para se esmendrellar coa risa. Atréveste a acompañalo?
Idioma: Galego ou Castelán
Idioma orixinal: Galego.
Tradución ao castelán: Antela Editorial.
Idade recomendada: A partir de 3 anos.
ISBN: 978-84-125452-0-3 (G) / 978-84-125452-1-0 (ESP)
Autores do texto: Alba De Evan e Xabier Domínguez
Autora da ilustración: Paula Cheshire
Normativizado: Iolanda Mato
Deseñado e Maquetado: Gerardo Covela
Impreso: IMGRAFOR SA
Nesta banda deseñada para cativos achegamos a historia de Miquits, o gato dunha bruxa. Xunto con ela vivirá mil e unha aventuras divertidas, aprendendo o valor da amizade e do compañeirismo.









Lenda –
Encántame este libro, gústanme os gatos, as bruxas e todos os animais. As historias son emocionantes e moi graciosas.
admin –
Ooohh, moitas grazas! É un gatiño ben xeitoso este Miquits!
admin –
INSTAGRAM: @lectureo Velaquí un libro moi riquiño, riquiño de verdade! Non me resulta estraño, pois, que chegara a unha segunda edición. De feito, desexo que consiga moitas máis e, sobre todo, que Miquits viva novas aventuras literarias para podelas seguir lendo e desfrutando, pois este gato ben as merece. Que é ‘Miquits’? En realidade, unha alianza perfecta e redonda entre Alba de Evan @alba_de_evan e Xabier
Dominguez @xabierdp, autores do texto, e Paula Cheshire @paulacheshire_, autora das ilustracións, cuxo resultado foi publicado por @antelaeditorial. Os tres relátannos nesta obra de banda deseñada para todos os públicos unha serie de divertidas historias protagonizadas por un gato negro chamado Miquits, familiar dunha bruxa que parece do máis agradable e que está lonxe de ser das bruxas feas, vellas e malvadas que triunfan no imaxinario colectivo… Polas páxinas do libro vemos aparecer, ademais, un rato enorme, un dragón, unha pranta vexetariana, un aquelarre de bruxas e unha infestación de gnomos… Incluso chegamos a cheirar peidos de rás. Mais ante todo o que veremos son debuxos amables e fermosos que relatan historias cotiás (pra ler e pra ver) nas que a amizade e a axuda mutua están moi
presentes, así como o humor e unha imaxinación poderosa que é a mellor arma para ser capaces de crear personaxes polos que sentimos unha empatía inmediata, incluso tratándose de gatos e ratos polos que algúns non sentimos especial cariño. Máis ala disto, con Miquits estamos ante un gatiño protagonista ao que seguirlle a pista, máis incluso que a outros de grande éxito como Garfield (recoñézoo, de pequeno non me chamaba nada!). Así que… collede este libro tan riquiño e desgrutádeo! Boa lectura!
#instabooks #instalibros #instalibrosgalicia #bookstagramgalicia #books #bookstagrammer #opracerdeler #lerengalego #galego #bandadeseñada #comic #gato #ilustradorasgalegas
Isaac –
Este libro (e agora a segunda parte) convertiuse nun fixo nos momentos de lectura nocturna da miña filla. Encantanos compartir as aventuras de Miquits día tras día, noite tras noite. Desexando xa a terceira entrega deste gatiño tan riquiño e dos seus colegas tan especiais!!