Descripción
Cando o gato Muncho esperta unha mañá na súa casa, e non atopa o seu máis adorado sombreiro, decide embarcarse nunha misión para recuperalo, e atopar a resposta a unha crucial enquisa: onde está agora o seu sombreiro?
Idioma: Galego, Castelán e Portugués
Idioma orixinal: Galego.
Tradución ao castelán: Antela Editorial.
Idade recomendada: A partir de 5 anos.
ISBN: 978-84-129174-6-8 (G) / 978-84-129174-7-5 (ESP) / 978-84-129174-8-2 (PT)
DL: OU 43-2025(G) / OU 44-2025 (ESP) / OU 45-2025 (PT)
Autora do texto: Tiago Delgado
Autora da ilustración: Tiago Delgado
Normativizado: Iolanda Mato
Deseñado e Maquetado: Antela Editorial
Nesta banda deseñada para cativos achegamos a historia do gato Muncho, e os amigos que atopa polo camiño. Viaxarán na procura dun obxecto moi apreciado. Unha aventurxa chea de sorpresa, amizade, acertixos e moito misterio. Aprendendo o valor da amizade e do compañeirismo.














admin –
Vía instagram: @lectureo: ‘A busca de Muncho’ é unha obra de banda deseñada, da autoría de Tiago Delgado @tdelgadoart, que acaba de ser publicada por Antela Editorial @antelaeditorial no marco da súa colección Galo Pinto.
Máis alá de ter unha estética que me resultou moi agradable e expresiva, cun magnífico dominio da cor tanto á hora de xerar ambientes como de recrear espazos e mesmamente determinados intres emocionais dos personaxes, o que máis me gustou desta obra é, sen dúbida algunha, a súa firme aposta polo humor. Este está presente por todas partes e condúcenos ás veces ao sorriso e, noutras ocasións, á gargallada. Todo isto, ademais, nunha historia moi entretida, que nos engancha desde a primeira até a última páxina.
Se a trama narrativa se centra na busca que realiza o gato Muncho para atopar o seu sombreiro desaparecido, ao final o que temos é unha verdadeira aventura na que van xurdindo diferentes alianzas e amizades que non farán máis que demostrar a importancia de percorrer o mundo en compañía e apostando pola axuda mútua. Desde logo que a cuadrilla que se vai conformando -porque esta é unha obra que ten moito de presentación de personaxes e de escenas que nos adentran nun universo que debería ter continuidade!- é do máis pintoresca e interesante: Cuac é tenro e chéganos ao corazón, o Grande Ollo Centolo é simpático e non fai máis que atraparnos cos seus enigmas pouco enigmáticos, e Flor Ipondia… pois é unha rosmona que acaba sendo do máis encantadora. Se a todos eles engadimos o caso do sapo Bufo Rebufo, ese “malo” non tan malo, cun trauma que nos leva a empatizar con el e coas súas accións no marco, ademais, da súa disputa coas ras, pois, ao final, o que temos é unha busca que remata nun reencontro e, sobre todo, un camiño vital no que o máis enriquecedor é quedarmonos con aqueles que van aparecendo e que nos fan a vida moito mellor.
En definitiva, unha banda deseñada do máis interesante, divertida e entretida, que nos leva a querer máis. Boa lectura!
#instalibrosgalicia #bookstagramgalicia #bandadeseñada #comic #humor #aventura #amizade #alianza #childrenbooks #opracerdeler #lerengalego #ler #instabooks #bookstagram #diversion #infancia