Avelaíña e o camiño á illa (GAL/ESP)
[embed]https://youtube.com/shorts/b5gTmW2queE?feature=shared[/embed]

EN PREVENDA

LIBRO DISPOÑIBLE A PARTIR DO 1 de MAIO.

Escoitas ese bater de ás? Xa case está aquí! Avelaíña e o camiño á illa, a nova banda deseñada de Bea Gregores, diríxese a conquistar o teu corazón. Deixa un oco na túa estantería para esta fermosa historia de aventuras, encontros inesperados e aprendizaxe, onde acompañarás a Avelaíña na busca do seu destino. Encárgao en prevenda e consigue chapas, marcapáxinas e un print exclusivo! Nas compras realizadas a través da nosa web os agasallos engadiranse automáticamente ao teu pedido. Se encargas o libro na túa libraría de confianza, envíanos foto do ticket a info@antelaeditorial.com coa túa dirección e farémoschos chegar. Dirixida á cativada de 8 a a 99 anos ❤️   Un día calquera, nun pequeno bosque, naceu unha avelaíña cunhas ás un pouco estrañas… Cando Avelaíña naceu había tempo que o resto de avelaíñas marcharan. Decidida a atravesar o bosque para seguilas, irá descubrindo seres estraños e peculiares que a farán plantexarse a onde quere dirixirse e por que.

Unha marabillosa fábula de aventura e descubrimento, a través dunha natureza engaiolante, sobre atopar o noso lugar no mundo.

not rated 14,90 Seleccionar opcións
Miquits (GAL/ESP) -2ªed.-
Miquits é un gato, mais non un calquera, é o familiar dunha bruxa! Xunto ela vive aventuras perigosas e emocionantes para se esmendrellar coa risa. Atréveste a acompañalo?

Pincha en Miquits para descargar o caderno de actividades.

Inventa a túa propia historia e colorea.

   
12,90 Seleccionar opcións
O grande aviario (GAL/ESP)
Os lugares máxicos e misteriosos son difíciles de descubrir. Esta é a historia de como nós chegamos ao noso, a nosa propia historia onde todo é posible. Estás preparado para soñar e creer? Queres coñecela? Abre o libro... e comeza a ler! . Nesta banda deseñada para cativos achegamos a historia de dúas nenas Lea e Íar, Xunto a elas vivirás unha aventura divertida, aprendendo o valor da amizade e das aves.
not rated 16,90 Seleccionar opcións
Ula e Vinca (GAL/ESP)
Cando Vinca aparece misteriosamente na casa de Ula, a bruxa non sabe que facer con ela. Antes de se decatar, a cativa sorprenderaa cos seus inesperados poderes. Pero, de onde vén, e que é realmente Vinca? Embárcate nesta fermosa e máxica aventura para descubrilo.. Nesta banda deseñada para cativos achegamos a historia de Ula e Vinca, Xunto a elas descubrirás o valor da familia, da maxia, do amor.
not rated 16,90 Seleccionar opcións