Fauna. Cómic. (GAL/ESP)

(2 valoraciones de clientes)

14,90

Nun futuro onde os humanos se crían extintos e os animais evolucionaron de forma similar a como eran eles, aparece Fauna, unha pequena nena humana. É atopada por Curro, un can xornalista, no medio dun debate na sociedade animal.
Curro pensa que esta pode ser a súa oportunidade de alcanzar a fama, sen se decatar de que mostrala ao público levarao a máis problemas dos que podía imaxinar.

 

Borrar seleción

Descripción

Nun futuro onde os humanos se crían extintos e os animais evolucionaron de forma similar a como eran eles, aparece Fauna, unha pequena nena humana. É atopada por Curro, un can xornalista, no medio dun debate na sociedade animal.
Curro pensa que esta pode ser a súa oportunidade de alcanzar a fama, sen se decatar de que mostrala ao público levarao a máis problemas dos que podía imaxinar.

Idioma: Galego e Castelán.

Idioma orixinal: Galego.

Tradución ao castelán: Antela Editorial.

Idade recomendada: A partir de 7 anos.

ISBN: 979-13-88089-03-9 (G) / 979-13-88089-04-6 (ESP) 

DL: OU 11-2026 (G) / OU 12-2026 (ESP) 

Autores do texto: Iago Fernández e Damián Gómez.

Autores da ilustración: Iago Fernández e Damián Gómez.

Normativizado: Iolanda Mato

Deseñado e Maquetado: Antela Editorial

Nesta banda deseñada para cativos achegamos a historia de Fauna. Unha aventura chea de sorpresas, emoción e misterio, onde nada é o que parece. Un relato que nos convida a reflexionar sobre a convivencia, a responsabilidade e o valor de facer o correcto.

Información adicional

Dimensiones 15 × 1 × 20 cm
Idioma

Castellano, Galego, Portugués

2 valoraciones en Fauna. Cómic. (GAL/ESP)

  1. Ricardo Otero Falcon (propietario verificado)

    Gran comic para todo tipo de publico y edades. Buenas ilustraciones y una buena trama, divertida y original.

  2. Miguel

    Vía instagram: @lectureo
    Da man de Antela Editorial @antelaeditorial chega unha nova banda deseñada para a cativada marcada tanto pola aventura e a intriga, como por interesantes reflexións arredor da convivencia entre o mundo animal e os humanos (especialmente nun contexto no que estes últimos deixaron o seu legado mais chegaron á suposta extinción), a hipocrisía e a manipulación en discursos destinados a mobilizar as masas, ou a loita interior entre actitudes egoístas relacionadas coa procura da fama fronte á xenerosidade que implica empatizar e axudar os demais, especialmente os máis favorecidos.

    ‘Fauna’ é unha obra da autoría de Iago Fernández @iff_artist e Damián Gómez @damian_dibujante (tanto no que atinxe ao texto como ás ilustracións) que se le (e ve) con sumo gusto e axilidade, e na que todo harmoniza até representar, discursivamente e por medio da imaxe, unha entretida persecución na que rapidamente nos vemos atrapados ao avanzar por unha sucesión de escenas marcadas polo movemento e a expresividade dos personaxes, á par que se profunda na configuración de espazos e arquitecturas.

    Unha obra moi entretida na que, por certo, resultan moi interesantes e atinadas as palabras de don Leopoldo, un dos antagonistas, ao recoñecer que “son moi bo motivando, corrompendo, enganando e manipulando, pero desmanipular o manipulado é unha tarefa moi difícil”. Certamente así é, e por iso está ben que, xunto á acción e o humor, tamén nos chegue a través de obras coma esta un pouso de ideas e actitudes sobre as que reflexionar.

Añade una valoración

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

También te recomendamos…

Miquits. Cómic.(GAL/ESP)  -2.ªed.-
Miquits. Cómic.(GAL/ESP) -2.ªed.-
Miquits é un gato, mais non un calquera, é o familiar dunha bruxa! Xunto ela vive aventuras perigosas e emocionantes para se esmendrellar coa risa. Atréveste a acompañalo?

Pincha en Miquits para descargar o caderno de actividades.

Inventa a túa propia historia e colorea.

   
12,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
Ula e Vinca. Cómic. (GAL/ESP). -2.ªed.-
Ula e Vinca. Cómic. (GAL/ESP). -2.ªed.-
Cando Vinca aparece misteriosamente na casa de Ula, a bruxa non sabe que facer con ela. Antes de se decatar, a cativa sorprenderaa cos seus inesperados poderes. Pero, de onde vén, e que é realmente Vinca? Embárcate nesta fermosa e máxica aventura para descubrilo.. Nesta banda deseñada para cativos achegamos a historia de Ula e Vinca, Xunto a elas descubrirás o valor da familia, da maxia, do amor.
16,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
O grande aviario. Cómic. (GAL/ESP)
O grande aviario. Cómic. (GAL/ESP)
Os lugares máxicos e misteriosos son difíciles de descubrir. Esta é a historia de como nós chegamos ao noso, a nosa propia historia onde todo é posible. Estás preparado para soñar e creer? Queres coñecela? Abre o libro... e comeza a ler! . Nesta banda deseñada para cativos achegamos a historia de dúas nenas Lea e Íar, Xunto a elas vivirás unha aventura divertida, aprendendo o valor da amizade e das aves.
16,90 Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto