banda deseñada
Mostrando los 8 resultadosOrdenado por popularidad

Erea e as agullas máxicas. Cómic. (GAL/ESP/PT). -2.ªed.-
Cando os libros comezan a desaparecer da biblioteca, a pequena Erea e mailo seu gato Fento decátanse de que algo malo acontece. Maxia antiga e lendas do pasado rexorden para ameazar a aldea. Con amigos e novos coñecidos poranse a investigar unha solución.
Serán quen de atopala?
Valorado con 5.00 de 5
€14,90
Seleccionar opciones
Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto

Avelaíña e o camiño á illa. Cómic. (GAL/ESP)
[embed]https://youtube.com/shorts/b5gTmW2queE?feature=shared[/embed]
Escoitas ese bater de ás? Xa case está aquí! Avelaíña e o camiño á illa, a nova banda deseñada de Bea Gregores, diríxese a conquistar o teu corazón.
Un día calquera, nun pequeno bosque, naceu unha avelaíña cunhas ás un pouco estrañas… Cando Avelaíña naceu había tempo que o resto de avelaíñas marcharan. Decidida a atravesar o bosque para seguilas, irá descubrindo seres estraños e peculiares que a farán plantexarse a onde quere dirixirse e por que.Unha marabillosa fábula de aventura e descubrimento, a través dunha natureza engaiolante, sobre atopar o noso lugar no mundo.
Valorado con 5.00 de 5
€14,90
Seleccionar opciones
Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto

Valorado con 5.00 de 5
€12,90
Seleccionar opciones
Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto

Miquits 2. Visita á casa da avoa. Cómic. (GAL/ESP/PT) -2.ªed.-
Miquits non é un gato calquera, é o inseparable compañeiro dunha bruxa. Canda ela, e o resto dos seus amigos, enfróntase a misterios e perigos en cada recuncho. Nesta ocasión, a viaxe lévaos ata a casa da avoa Emelinda, onde novas aventuras e desafíos os agardan.
Un cómic cheo de maxia, diversión e emocións que conquistará pequenos e maiores.
Finalista nos premios Follas Novas 2025, na categoría de mellor libro de banda deseñada, gráfico e humor.
Valorado con 5.00 de 5
€12,90
Seleccionar opciones
Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto

Fauna. Cómic. (GAL/ESP)
Nun futuro onde os humanos se crían extintos e os animais evolucionaron de forma similar a como eran eles, aparece Fauna, unha pequena nena humana. É atopada por Curro, un can xornalista, no medio dun debate na sociedade animal.
Curro pensa que esta pode ser a súa oportunidade de alcanzar a fama, sen se decatar de que mostrala ao público levarao a máis problemas dos que podía imaxinar.
Valorado con 5.00 de 5
€14,90
Seleccionar opciones
Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto

A busca de Muncho. Cómic. (GAL/ESP/PT)
Cando o gato Muncho esperta unha mañá na súa casa, e non atopa o seu máis adorado sombreiro, decide embarcarse nunha misión para recuperalo, e atopar a resposta a unha crucial enquisa: onde está agora o seu sombreiro?
Valorado con 5.00 de 5
€14,90
Seleccionar opciones
Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto

PUCA. Cómic. (GAL/ESP)
Cando os orcos expulsan a Puca, debe buscar un novo lugar onde vivir. Un anuncio levarao a buscar o castelo, mais o traxecto ata alí será máis complicado do que parecía.
Unha historia sobre o valor do camiño, e os amigos que nos acompañan.

PAT ESTRELA. Cómic. (GAL/ESP)
Pat Estrela vive en Helios, unha vila mariñeira onde están a acontecer cousas estrañas e preocupantes, como a aparición dunha illa de plástico na costa. Cando un obxecto misterioso procedente do ceo cae nela, Pat decide ir investigar.
Acompáñaa nesta aventura para descubrir a verdade!
Valorado con 5.00 de 5
€14,90
Seleccionar opciones
Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto
