Erea e as agullas máxicas. Cómic. (GAL/ESP/PT). -2.ªed.-

(2 valoraciones de clientes)

14,90

Cando os libros comezan a desaparecer da biblioteca, a pequena Erea e mailo seu gato Fento decátanse de que algo malo acontece. Maxia antiga e lendas do pasado rexorden para ameazar a aldea. Con amigos e novos coñecidos poranse a investigar unha solución.
Serán quen de atopala?

Borrar seleción

Descripción

Cando os libros comezan a desaparecer da biblioteca, a pequena Erea e mailo seu gato Fento decátanse de que algo malo acontece. Maxia antiga e lendas do pasado rexorden para ameazar a aldea. Con amigos e novos coñecidos poranse a investigar unha solución.
Serán quen de atopala?

Idioma: Galego, Castelán e Portugués

Idioma orixinal: Galego.

Tradución ao castelán: Antela Editorial.

Idade recomendada: A partir de 5 anos.

ISBN: 978-84-129174-3-7 (G) / 978-84-129174-4-4 (ESP) / 978-84-129174-5-1 (PT)

Autora do texto: Sarai Lorenzo

Autora da ilustración: Sarai Lorenzo

Normativizado: Iolanda Mato

Deseñado e Maquetado: Gerardo Covela

Impreso: IMGRAFOR SA

 

Nesta banda deseñada para cativos achegamos a historia de Erea, e o seu gato Fento. Xunto a eles vivirás unha aventura chea de maxia, amizade e moito misterio, mil e unha aventuras divertidas, aprendendo o valor da amizade e do compañeirismo.

Información adicional

Dimensiones 15 × 1 × 20 cm
Idioma

Castellano, Galego, Portugués

2 valoraciones en Erea e as agullas máxicas. Cómic. (GAL/ESP/PT). -2.ªed.-

  1. admin

    Vía Instagram: @la_trolll
    Erea es un nombre gallego de mujer que procede de la antigüedad. Su origen es griego y significa paz, algo muy significativo en esta historia.
    🌀
    La protagonista es una niña con pelo de fuego, decidida como toda buena heroína y acompañada de su gato blanco como guía y protector. Ella, una vez escuchada la leyenda que narra su abuela mientras teje, no dudará en devolver las agujas al lugar al que pertenecen, pues son un objeto mágico perdido en el tiempo.
    🌀
    Como la autora explica, el relato está inspirado en Galicia, en la comarca del Morrazo. En esta zona costera es normal que los hombres estén en alta mar durante días. Aunque la leyenda que escucha Erea es creada por la autora la serpiente que aparece se extrae de Cova da Serpe.
    🌀
    Con el concepto de los portales que se unen a través de algún elemento como el pozo de la cripta de la iglesia, se ha creado una potente energía mágica que resurge para buscar paz y justicia.
    🌀
    Una historia que atestigua la unión entre fantasía y realidad para no dejar pasar por alto la importancia de las leyendas que escuchamos.
    🌀
    #ereaylasagujasmagicas #comicinfantil #hoyleemos
    #antelaeditorial

  2. @lectureo

    Vía Instagram: @lectureo
    ‘Erea e as agullas máxicas’ é unha obra de banda deseñada, da autoría de Sarai Lorenzo @sarailore e publicada por @antelaeditorial, que combina con acerto unha serie de elementos que me gustou moito atopar nun libro coma este, destinado a un público de todas as idades: a existencia dunha lenda que vertebra boa parte da trama narrativa, o sabor a historia tradicional que desprenden todas as súas páxinas, a importancia da idea de legado e de transmisión interxeneracional, a creación dunha atmosfera na que coexisten as historias orais e tamén a materialidade dos libros, a presenza de elementos máxicos que se presentan plenamente harmónicos co conxunto, o protagonismo das mulleres tanto no marco de relacións de parentesco e de amizade como no que atinxe á conservación e transmisión da cultura etc.
    Unha obra na que acompañaremos a Erea e o seu gato Fento na procura de resolver o misterio de por que comezan a desaparecer os libros da biblioteca e na que me fascinou o xogo de cores ao que recorre a autora, xa que penso que conseguiu darlle unha gran sobriedade á par que o libro está cheo de puntos de luz alaranxada.
    Tamén me pareceu moi interesante o contrapunto entre dous personaxes como son Lira, esa muller solteira que quere vivir soa cos seus gatos -o que dá lugar a que na aldea a
    consideren incluso unha bruxa- e o crego, cabeza desa Igrexa que se nos presenta en boa medida como unha institución represora que resignificou espazos antigos cheos de maxia e lenda.
    Que papel ocupará Erea neste mundo e nas tramas que nel se desenvolven? Para sabelo, non deixedes de ver e ler… Erea e as agullas máxicas!!! Boa lectura.
    #ilustradorasgalegas #bandadeseñada #instalibrosgalicia #bookstagramgalicia #LIX #opracerdeler #lerengalego #ler #amizade #maxia #lenda #tradicion #instalivres #instalibros #booksforchildren #bookstagram

Añade una valoración

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *