TENDA
Mostrando 1–30 de 36 resultadosOrdenado por los últimos
“Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro”. —Emily Dickinson
Os libros son ensinanza e aprendizaxe, pero tamén imaxinación e entretemento. Por iso coidamos que todos os detalles fagan de cada un dos nosos contos unha travesía lectora.

Caixa de agasallo Antela
A súa primeira biblioteca. Agasalla literatura que perdura.
Hai agasallos que se esquecen e outros que medran co tempo. As caixas Antela nacen para regalar historias, descubrimentos e momentos compartidos, creando unha pequena biblioteca para gozar, ler e volver ás súas páxinas unha e outra vez.
Cada caixa inclúe 4 libros seleccionados do noso catálogo, acompañados dunha coidada selección de pequenos agasallos que fan da experiencia multisensorial e algo moi especial: marcapáxinas, polochaveiro, un chifro de agua, chapas e moito máis.
E todo vai presentado na nosa caixa Antela, preparada e envolta con agarimo, lista para recibir e, sobre todo, para agasallar.

PUCA. Cómic. (GAL/ESP)

Caderno de actividades: Alén e o dragón
Caderno de actividades "Alén e o dragón"
OBRA GAÑADORA DO II CERTAME DE NOVELA INFANTIL JAIME OLMEDO LIMESES Alén nunca imaxinou que a súa vida en Sardiruña agochase nada extraordinario. Pero todo cambia cando un dragón comeza a aparecer nos seus soños e esperta preguntas ás que nin a súa nai, Emma, nin o seu irmán Xoel parecen poder responder. Só Mamamucha, unha enigmática anciá, semella saber máis do que conta. Porque, ás veces, os segredos dunha familia non desaparecen. Simplemente agardan o momento axeitado para regresar.
A FÁBRICA SECRETAS DE NUBES. Conto. (GAL/ESP)
Que sucede cando un pequeno erro muda todo o ceo? Na fábrica secreta de nubes, onde cada nube se crea con coidado, un inesperado contratempo convérteo todo nun auténtico caos... ou quizais nunha oportunidade para descubrir que os accidentes tamén poden dar lugar a algo marabilloso?
A fábrica secreta de nubes é un álbum ilustrado cheo de imaxinación, humor e tenrura que invita a descubrir a beleza do inesperado e a importancia de aceptar que non sempre todo sae segundo o previsto.
PINGA. (GAL) Libro para bebés.

Alén e o dragón. Obra gañadora do II Certame Literario Jaime Olmedo Limeses. (GAL).

PAT ESTRELA. Cómic. (GAL/ESP)

Caderno didáctico: O país da chovia.
Caderno didáctico: O país da chovia.
Imaxínate que un día saes da casa e todas as persoas esqueceron a súa lingua. Imaxínate que falan nunha lingua diferente, estraña. Imaxínate que es Rosalía ou Fonso. Imaxínate… Que farías? Esta novela infantil/xuvenil ilustrada fala da importancia do idioma, de usalo e conservalo, e de como a nosa lingua é parte da nosa herdanza cultural como galegos. De xeito delicado e con sensibilidade aborda a problemática da perda de falantes na nosa lingua.
Caderno de debuxo: Miquits.
Caderno de debuxo de Miquits.
Miquits é un gato, mais non un calquera, é o familiar dunha bruxa. Xunto a ela vive aventuras perigosas e emocionantes para se esmendrellar coa risa. Atréveste a acompañalo? Nesta banda deseñada para cativos achegamos a historia de Miquits, o gato dunha bruxa. Xunto con ela vivirá mil e unha aventuras divertidas, aprendendo o valor da amizade e do compañeirismo.
Caderno de actividades: Pernascochas.
Caderno de actividades "Pernascochas"
«Marcelina: ese é o meu nome. E esta é a miña historia. Ou parte dela. Un anaco de vida que non durou nin unha semana, pero que algo me di que vai ser difícil de esquecer. Ou, se cadra, imposible.» Pernascochas é unha novela sobre o poder da amizade, os sentimentos e, alá no fondo, tamén sobre o primeiro amor.
Caderno de actividades: Xa non son malo.
Caderno de actividades do libro "Xa non son malo".
Xa non son malo, é unha fermosa historia sobre a natureza, a amizade, e sobre todo, sobre as segundas oportunidades.
Fauna. Cómic. (GAL/ESP)

Lis e o bosque das sombras. Conto. (GAL/ESP/PT)

Piolliños. Conto. (GAL/ESP/PT)

Pernascochas. Obra gañadora do I Certame Literario Jaime Olmedo Limeses. (GAL). -4ªed.-

A busca de Muncho. Cómic. (GAL/ESP/PT)

Butai (Teatro Kamishibai)

Contos en Kamishibai.

Erea e as agullas máxicas. Cómic. (GAL/ESP/PT). -2.ªed.-

Miquits 2. Visita á casa da avoa. Cómic. (GAL/ESP/PT) -2.ªed.-

Avelaíña e o camiño á illa. Cómic. (GAL/ESP)
Escoitas ese bater de ás? Xa case está aquí! Avelaíña e o camiño á illa, a nova banda deseñada de Bea Gregores, diríxese a conquistar o teu corazón.
Un día calquera, nun pequeno bosque, naceu unha avelaíña cunhas ás un pouco estrañas… Cando Avelaíña naceu había tempo que o resto de avelaíñas marcharan. Decidida a atravesar o bosque para seguilas, irá descubrindo seres estraños e peculiares que a farán plantexarse a onde quere dirixirse e por que.Unha marabillosa fábula de aventura e descubrimento, a través dunha natureza engaiolante, sobre atopar o noso lugar no mundo.

Quen espertou o Kraken?. Conto. (GAL/ESP)

Animálgama. Poesía.

Maldiño, a vergoña da familia. Conto.

Ula e Vinca. Cómic. (GAL/ESP). -2.ªed.-

O grande aviario. Cómic. (GAL/ESP)

Sálice e Sándala. Novela.


Luuume!. Conto. (GAL/ESP) -3ªed.-

O país da choiva. Novela. -4.ªed.-
"BOOKTRAILER" O PAÍS DA CHOIVA
ACCEDE AO MATERIAL DIDÁCTICO SOBRE O LIBRO PREMENDO NA IMAXE.
