Sálice e Sándala. Novela.

Rango de precios: desde €6,50 hasta €14,50

Esta novela infantil/xuvenil ilustrada fantástica, presenta unha historia de amizade e loita contra o abuso. A través dos protagonistas viviremos aventuras en prol dun mundo mellor, representando valores universais como a defensa da liberdade, a igualdade e a democracia.

«BOOKTRAILER»: SÁLICE E SÁNDALA

OBRA GAÑADORA NOS PREMIOS XX EDICIÓN DO PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO. 3ªCATEGORÍA

Borrar seleción

Descripción

Este libro tamén o poderías titular Os catro malistrostras de Veleiquí. Porque a historia existe grazas a que os dous ministros e as dúas ministras deste país derrocaron o rei e a raíña e decretaron o seu desterro. Pero non contaban con que Sali, para ir en busca dos pais, acabou fugándose coa súa boa amiga Sanda. A medida que vaias lendo, poderás acompañalos na súa perigosa expedición, descubrir a maleta do señor Serán, falar con axentes secretos, esconderte dos xentecontras, navegar nun barco de dornas, avanzar de noite cun fachón, darte de alta na Liga Veleiquiense de Sinonimia, asistir á Festa da Risa e, se lle pos imaxinación, aínda te poderás presentar nas próximas eleccións para rei ou raíña da terra que ten por bandeira unha flor de centáurea sobre campo verde.

 

Idioma: Galego

Idioma orixinal: Galego 

Idade recomendada: A partir de 10 anos.

ISBN: 978-84-125452-2-7

ISBN EBOOK: 978-84-125452-3-4

Autor: Xoán Babarro

Ilustrador: Ignacio Hernández

Normativizado: Iolanda Mato

Deseñado e maquetado: Gerardo Covela

Impreso: IMGRAFOR SA

 

 

Información adicional

Formato

Libro, Dixital EPUB, Dixital KINDLE

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Sálice e Sándala. Novela.”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *