Descripción
Imaxínate que un día saes da casa e todas as persoas
esqueceron a súa lingua.
Imaxínate que falan nunha lingua diferente, estraña.
Imaxínate que es Rosalía ou Fonso.
Imaxínate… Que farías?
Idioma: Galego
Idioma orixinal: Galego
Idade recomendada: A partir de 10 anos.
ISBN: 978-84-09-33067-6
ISBN EBOOK: 978-84-125452-6-5
Autor do texto: Miguel A. Alonso Diz
Autor da ilustración: Xosé Tomás
Normativizado: Raquel Rodríguez
Deseñado e maquetado: Gerardo Covela
Impreso: IMGRAFOR SA
Pulsa AQUÍ para ver a presentación na Libraría Cartabón de Vigo.











admin –
INSTAGRAM: @lectureo Comezo as lecturas do 2024 con «O país da choiva’ obra de Miguel Anxo Alonso Diz @forxadordeversos, con fermosísimas ilustracións de Xosé Tomás @xosetomas, publicada por @antelaeditorial. Ao igual que outra das últimas lecturas que recomendei no 2023, trátase dun libro de literatura infanto-xuvenil que destaca por combinar con gran acerto unha trama estritamente literaria, entretida e de agradable lectura, co compromiso socio-lingüístico que a motiva. Respecto da primeira, estamos ante unha fermosa historia que se asenta sobre dous temas fundamentais: a amizade (tanto a inicial entre Fonso e os seus colegas, como a amizade transxeneracional de Rosalía con Walt-Agustín e,finalmente, a que xorde entre Fonso e Rosalía… De feito a amizade preséntase case como a causa última que impide a desmemoria, o mal que se desata na trama) e o misterio que xorde ante un acontecemento inesperado que afecta á
veciñanza da Carballeira: case todos eles mudan de lingua dun día para o outro, renegando e desprezando, ademais, a súa lingua anterior. Respecto do compromiso, a obra é un verdadeiro canto a prol da nosa lingua: unha reivindicación para que a usemos e a amemos, e, sobre todo, para que nos resistamos ao fenómeno do seu relegamento e postergación do que xa vemos probas como as que viu o bibliotecario nas cidades. Unha obra fermosa e gustosa de ler, que vos animo a coller neste 2024. Remato cunha das chaves (sobre a obra e sobre o mundo que nos rodea) que nos regala Fran Alonso@franalonso_gal, no seu limiar: ‘Pode un pobo perder a memoria? Se esquece o seu pasado, pode. Se esquece cal é a súa cultura, pode. Hai pobos que perden o contacto coa historia. Que perden a súa lingua. E chega un momento en que non saben o que son. Por que? Porque non saben o que foron’. Subscribo todo como historiador, galego e galeguista.Boas lecturas en galego (e, a maiores, en todas e cada unha das fermosas linguas do mundo, por suposto) neste 2024.Feliz Aninovo!
#lerengalego #instalibros #bookstagramgalicia #opracerdeler #galego #lingua #Iix #Ij
#instabooks #book #livro #livres #autoresgalegos #memoria Hnovela #conto #choiva #children #infancia