Descripción
Misto sempre anda alporizado e, namentres, a vida vai sucedendo.
A súa familia e amizades tentarán axudalo pero,
serán quen de conseguilo?.
Idioma: Galego
Idioma orixinal: Galego
Idade recomendada: A partir de 3 anos.
ISBN 978-84-09-36810-5
Autora do texto: Andrea Freire
Autora da ilustración: Laura Miranda Moreno
Normativizado: Raquel Rodríguez / Iolanda Mato
Deseñado e maquetado: Gerardo Covela
Impreso: IMGRAFOR SA
Con este álbum ilustrado para cativos, queremos achegar a historia do pequeno Misto, que sempre está enfadado. Fermosa historia que fomenta nas crianzas o a autoaceptación, a xestión da ira e o autocontrol dun xeito ameno e atractivo.
CONTO ADAPTADO Á LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA (LSE)
Montaxe feita polo alumnado, profesorado e intérprete de signos do IES Taboada Chivite de Verín.
admin –
INSTAGRAM: @ lectureo Entre as preciosidades publicadas por
@antelaeditorial para as crianzas hoxe destaco este álbum
ilustrado: ‘Luuume!’, de Andrea Freire (o texto) e Laura Miranda Moreno @laura_miranda_illustration (as
ilustracións). Non sabería dicir que é o que máis me gustou deste libro porque todo nel funciona á perfección: a historia e o universo visual que a envolve. Por unha banda, a pesar dos moitos enfados que vemos no libro, as imaxes xeran unha atmosfera amable e de ensoño da que se goza
inmensamente. Por outra banda, abórdase un tema que é fundamental tanto para cando somos pequenos como adultos: a xestión da ira e dos enfados. Que importante é
dotarnos dos recursos necesarios para o autocontrol. Misto
ten moita tendencia a alporizarse e non controla uns enfados que o van consumindo. Porque aí está o problema,cando os enfados nos van mangando a nós mesmos. Ser consciente disto e de como o intentan axudar a súa mai, o seu pai, a mestra e os amigos resulta esencial para que
Misto atope unha solución. Conseguirá dar con ela? Un libro perfecto para ler cos máis pequenos e para que os adultos non deixemos de lado cuestións igualmente esenciais para nós no noso día a día.
Moi boa lectura e procurade apagar os lumes que queiman e destrúen o que, doutro xeito, pode florecer con fermosura!!!#instalibros #instalibrosgalicia #bookstagramgalicia
#opracerdeler #lerengalego #lendoconaldara #booksforchildren #childrensbooks #albumilustrado ilustradoras #autoras Hlume Hfire #controldeira Hira#enfado #emoción Hemotions #bookstagrammer
#bookstagramespaña #galego #ilustration #livres #livros
#reading