Tenda: (pica aquí)
“Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro”. —Emily Dickinson
Os libros son ensinanza e aprendizaxe, pero tamén imaxinación e entretemento. Por iso coidamos que todos os detalles fagan de cada un dos nosos contos nunha travesía lectora.
-
A busca de Muncho. Cómic. (GAL/ESP/PT)€14,90
-
Butai (Teatro Kamishibai)€100,00
-
Contos en Kamishibai.€17,00 – €20,00
-
Erea e as agullas máxicas. Cómic. (GAL/ESP/PT)€14,90
-
Miquits 2. Visita á casa da avoa. Cómic. (GAL/ESP/PT)€12,90
-
Avelaíña e o camiño á illa. Cómic. (GAL/ESP)€14,90
-
Quen espertou o Kraken?. Conto. (GAL/ESP)€16,90
-
Animálgama. Poesía.€16,90
-
Maldiño, a vergoña da familia. Conto.€16,90
-
Ula e Vinca. Cómic. (GAL/ESP)€16,90
-
O grande aviario. Cómic. (GAL/ESP)€16,90
-
Sálice e Sándala. Novela.€6,50 – €14,50
-
Miquits. Cómic.(GAL/ESP) -2.ªed.-€12,90
-
Luuume!. Conto. -2.ªed.-€16,90
-
O país da choiva. Novela. -4.ªed.-€6,50 – €13,90
-
Elvira. Conto.€17,50
Contos para aprender e imaxinar
Os contos feitos en Galicia que che axudan a abordar distintas temáticas sociais coas crianzas ao mesmo tempo que colaboras cunha ONG.
A enquisa de EU Kids Online mostra que o tempo de uso de Internet na infancia case se duplicou entre 2010 e 2020.
As crianzas cada vez usan Internet antes e durante máis tempo e, aínda que as supervises, é imposible saber todo o que lles aparece na ventá dixital.
Por iso é importante axudarlles a desenvolver ferramentas que lles permitan, pouco a pouco, valorar por si mesmas os contidos que ven.
E nada como botar man dun conto que mostre o que lles queres transmitir para que sexa máis doado crear un ambiente no que escoiten ao mesmo tempo que deixan voar a imaxinación a través da historia e das ilustracións.
E con cada libro…
- Colaboras cun labor social: destinamos unha porcentaxe dos beneficios de cada libro a apoiar unha asociación en prol dunha causa social.
- Apoias a produción local: toda a produción editorial dos nosos libros, desde a escritura ata a impresión, está feita en Galicia.
- Axudas a coidar o medio ambiente: empregamos papel procedente de fontes responsables e de proximidade para termos a menor pegada ecolóxica posible.

Axenda
25 de decembro.
