Piolliños. Conto. (GAL/ESP/PT)

(1 valoración de cliente)

16,90

Que pasa cando aparecen na nosa cabeza invitados indesexados? Ás veces non é tan doado desfacerse deles! Acompaña a Aroa e Adri mentres proban novos e divertidos métodos. Funcionarán?
Piolliños é un álbum ilustrado divertido e cheo de cor que entretén á vez que ensina á cativada sobre os diminutos seres que ás veces aparecen na nosa cabeza.

Borrar seleción

Descripción

Aroa e Adri son os mellores amigos, teñen moitas cousas en común, tantas… que ata comparten piollos!
Mais non quedarán de brazos cruzados e poranse a traballar para facelos desaparecer.
Serán quen de acadar o seu obxectivo?

Idioma: Galego, Castelán e Portugués

Idioma orixinal: Galego.

Tradución ao castelán: Antela Editorial.

Idade recomendada: A partir de 5 anos.

ISBN: 979-13-990609-1-1 (G) / 979-13-990609-2-8 (ESP) / 979-13-990609-3-5 (PT)

Autora do texto: Paula Merlan

Autora da ilustración: Laura Miranda

Normativizado: Iolanda Mato

Deseñado e Maquetado: Blanca Millán

Impreso: Norprint

Que pasa cando aparecen na nosa cabeza invitados indesexados? Ás veces non é tan doado desfacerse deles! Acompaña a Aroa e Adri mentres proban novos e divertidos métodos. Funcionarán?
Piolliños é un álbum ilustrado divertido e cheo de cor que entretén á vez que ensina á cativada sobre os diminutos seres que ás veces aparecen na nosa cabeza.

Información adicional

Dimensiones 15 × 1 × 20 cm
Idioma

Castellano, Galego, Portugués

1 valoración en Piolliños. Conto. (GAL/ESP/PT)

  1. Miguel

    Vía Instagram: @lectureo
    Da man de @antelaeditorial acaba de saír publicado un álbum ilustrado que nos achega a unha problemática ben real na infancia e no ámbito escolar: os piollos!!! Poderiamos botar as mans á cabeza, mais, tranquilidade, as autoras desta obra, Paula Merlán @paulamerlan_oficial polo texto e Laura Miranda Moreno @laura_miranda_illustration polas ilustracións, apostan por abordar o tema a través dunha historia chea de humor e diversión, na que se consegue unha lectura do máis agradábel e entretida, á par que se normaliza con acerto unha problemática molestamente diminuta!!!

    Con total naturalidade, os “piolliños” deste libro móstranse como os reais, resistentes a máis non poder, mentres a protagonista da historia, Aroa, loita por atoparlle unha solución ao problema; un problema que, como diría o outro, é menor se non se afronta en soidade, como lle pasa ao compartilo co seu mellor amigo, Adri, e mesmo cos piollos que tamén afectan ao can e ao gato dos cativos, é dicir, a Lusco e a Fusco.

    Cunhas fermosísimas ilustracións, cheas de amabilidade e encanto e cun gran acerto tanto nos detalles como nas panorámicas xerais, velaquí un libro para ler, para desfrutar a nivel visual e para divertirse sen dramas mentres procuramos desfacernos duns hóspedes do máis incómodos e impertinentes, pero que aquí nos fan rir cando os observamos ben de cerca.

    Un novo título da colección “Pitiños”, que, estou seguro, gustará moito á cativada, así que… Boa lectura!

Añade una valoración

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *