María Brenn

posted in: Autores, blog | 0

Naceu en Ferrol en 1994 e, desde que pode lembrar, sempre estivo rodeada de lapis, libros e películas de animación. Encántanlle as historias de fantasía, as bandas deseñadas, os gatos e preguntar sempre o porqué de todo.

Estudou ilustración na EASD Pablo Picasso na Coruña. En 2016 publicou o seu primeiro traballo no campo da ilustración editorial e, desde entón, ilustrou múltiples proxectos.
Ula e Vinca é a súa primeira incursión no mundo da banda deseñada e a súa primeira obra como autora completa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *