Iván R.

publicado en: Autores, blog | 0

Traballou como ilustrador para editoriais, cine, prensa, televisión e publicidade e deu clases de ilustración e deseño nunha escola de moda. Na actualidade dedícase ao mundo da edición, tarefa que compaxina co traballo no seu estudio. Entre os títulos que ilustrou están «Etiqueta para todos» (Xerais, 2009), «Estamos no verán» (2014), «Teatro de guiñol» (2016), «Cociñando con Bolboretas no bandullo» (Xerais, 2018), «A araña que lles tiña medo ás arañas» (Xerais, 2019), «Meigas fóra!» (Xerais, 2020), «Soños de Cajamarca» (Antela Editorial,2021), «Darío a diario» (Xerais, 2021), «O neno de lume» (Xerais, 2022), «Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente» (2022), «Gloria» (2023) e a serie de banda deseñada «Miñoca» (Xerais, 2021/2022/2023). En 2022 escribiu e debuxou «Os Winkle, máis finos ca un allo»(Cumio, 2022).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *