Soños de Cajamarca. Novela. LIBRO 1 -2.ªed.-

(1 valoración de cliente)

Rango de precios: desde €6,50 hasta €12,50

2ª EDICIÓN XA Á VENDA!

VOLUME 1. Libro de relatos en galego de diferentes autores/ras do panorama galego.

Borrar seleción

Descripción

Soños de Cajamarca reúne nun só volume catorce relatos de Literatura infantil e xuvenil obra de destacados autores do noso panorama nacional. A través das súas verbas coñeceremos historias fantásticas que farán voar a nosa imaxinación á vez que alentan as ilusións de centos de nenas e nenos que residen en apartadas rexións dos Andes, no Perú.

Porque este proxecto colectivo nace con alma solidaria: apoiar o traballo que a ONG Aulas Abiertas está a levar a cabo no país andino a través da cesión de tódolos beneficios que os escritores participantes perciban por esta obra.

Idioma: Galego

Idioma orixinal: Galego 

Idade recomendada: 8 a 11 anos.

ISBN: 978-84-09-24120-0

Autoras do texto: An Alfaya, Miguel Ángel Alonso, Rebeca Álvarez, Concha Blanco, María Canosa, Paula Carballeira, Ramón Caride, Xavier Estévez, Antonio M. Fraga, Antonio García Teijeiro, Carlos Labraña, Iria Misa, Pere Tobaruela e Antía Yáñez.

Ilustración de portada: Iván R,

Normativizado: Raquel Rodríguez

Deseñado e maquetado: Gerardo Covela

Impreso: IMGRAFOR SA

Presentación Soños de Cajamarca en YOUTUBE

Nos medios: La Región, El Correo Gallego

 

Coa adquisición deste libro estás colaborando no labor que leva a cabo a asociación sen ánimo de lucro viguesa Aulas Abiertas en Cajamarca, Perú.
Da venda de cada exemplar doaranse 2,50 euros a devandita asociación.
Máis información en www.aulasabiertas.org

 

Información adicional

Formato

Libro, Dixital EPUB, Dixital KINDLE

1 valoración en Soños de Cajamarca. Novela. LIBRO 1 -2.ªed.-

  1. admin –

    INSTAGRAM: @lectureo Remata o 2023, mais eu non vou facer unha relación dos que considero os mellores libros que lin durante este ano. En realidade, publicar calquera posible listaxe produciríame unha enorme inseguridade e temería ser tremendamente inxusto. Cada libro tivo as súas particularidades e cada lectura tivo os seus momentos. Non obstante, o que vou facer é recomendar unha última lectura e fareino por tres motivos. O primeiro, pola pluralidade de voces que reúne a obra en cuestión; moitas das cales foron das que máis me fixeron desfrutar das nosas letras galegas durante o 2023 (sobre todo no ámbito da literatura infantil e xuvenil). Así, as escritoras e escritores reunidos na obra colectiva (de relatos e poemas) ‘Soños de Cajamarca’ son: An Alfaya, Miguel Ángel Alonso, Rebeca Álvarez, Concha
    Blanco, María Canosa @mariacanosa, Paula Carballeira @paula_carballeira, Ramón Caride, Xavier Estévez, Antonio M.Fraga @antoniomfraga_, Antonio García Teijeiro, Carlos Labraña @carlos_labranha, Iria Misa @iriamisa, Pere Tobaruela @peretobaruela e Antía Yáñez @yanezantia.
    Relatos como ‘Informes do axente XP-17789′,’A nena da praia’ ,’A bruxa e a noitebra’ ou ‘Greti Spaguetti’ gustáronme moito; a peza teatral ‘Peter Pan no Santo
    André de Teixido fixo xurdir en min a necesidade de ler o Peter Pan orixinal(hai algunha boa edición en galego?) e o lirismo de ‘Vou construír para ti’,’O valor dos valores’ ou ‘Pequepoemas’ aínda permanece en min. O segundo motivo que me leva a recomendar esta obra en particular é, neste caso si, o desexo de subliñar o labor editorial, a todos os niveis, de
    @antelaeditorial. Durante este 2023 descubrín con
    entusiasmo o seu catálogo e cada libro seu que merquei non foi senón unha confirmación máis do seu bo traballo. Cómpre, pois, recoñecer o labor de @alba_de_evan e @xabierdp. Por último, e en terceiro lugar, recomendo esta última lectura porque se trata dun libro solidario co que apoiar o traballo da ONG Aulas Abiertas @aulasabiertas. A infancia ten que ser sinónimo de soños, de lecturas, de educación… Na nosa terra e en todo o mundo. E a literatura non é só un conxunto palabras senón tamén, e sobre todo,arte e compromiso. Boas lecturas para o 2024!!

Añade una valoración

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *