Novidade en banda deseñada

publicado en: blog, libros, Novas | 0
AVELAÍÑA E O CAMIÑO Á ILLA / POLILLA Y EL CAMINO A LA ISLA
NOVA BANDA DESEÑADA XA Á VENDA!
A NOSA TENDA
VERSIÓN EN GALEGO E CASTELÁN
Un día calquera,
nun pequeno bosque,
naceu unha avelaíña cunhas ás
un pouco estrañas…
Cando Avelaíña naceu había tempo que o resto de avelaíñas marcharan. Decidida a atravesar o bosque para seguilas, irá descubrindo seres estraños e peculiares que a farán plantexarse a onde quere dirixirse e por que.
Unha marabillosa fábula de aventura e descubrimento, a través dunha natureza engaiolante, sobre atopar o noso lugar no mundo.

Escoitas ese bater de ás? Xa case está aquí! Avelaíña e o camiño á illa, a nova banda deseñada de Bea Gregores, diríxese a conquistar o teu corazón.
Deixa un oco na túa estantería para esta fermosa historia de aventuras, encontros inesperados e aprendizaxe, onde acompañarás a Avelaíña na busca do seu destino.
Encárgao en prevenda e consigue chapas, marcapáxinas e un print exclusivo!
Nas compras realizadas a través da nosa web os agasallos engadiranse automáticamente ao teu pedido.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *