Sarai Lorenzo

publicado en: Autores, blog | 0

Sarai Lorenzo naceu en Cangas (Pontevedra) no ano 1995 e sempre cultivou a súa paixón polos libros e o cine. Graduada en Belas Artes cun Mestrado en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual axudaron a conformar a súa traxectoria como ilustradora.
Ten ilustradas gran variedade de cubertas e actualmente dedica o seu traballo a experimentar no mundo dos fanzines, do gravado e da cerámica e continúa construíndo o camiño para especializarse en deseño de escenarios para cine de animación e videoxogos.
Este é o seu primeiro cómic, co que dá un salto máis alá cara ao mundo de contar historias co que sempre soñara de nena.

Con Antela publica o seu primeiro cómic como autora do texto e da ilustración «Erea e as agullas máxicas»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *