Lis e o bosque das sombras. Conto. (GAL/ESP/PT)

(1 valoración de cliente)

16,90

Lis quere ser cabaleira, afouta coma a das lendas. Acompañada do seu amigo Bigotes, internarase no Bosque das Sombras en busca de aventuras. Mais a realidade pode ser máis complexa e difícil do que ela imaxinaba.
Conseguirá vencer todos os perigos?

Borrar seleción
SKU: 750-1-1-2-1 Categoría: Etiquetas: ,

Descripción

Lis quere ser cabaleira, afouta coma a das lendas. Acompañada do seu amigo Bigotes, internarase no Bosque das Sombras en busca de aventuras. Mais a realidade pode ser máis complexa e difícil do que ela imaxinaba.
Conseguirá vencer todos os perigos?

Idioma: Galego, Castelán e Portugués

Idioma orixinal: Galego.

Tradución ao castelán: Antela Editorial.

Idade recomendada: A partir de 5 anos.

ISBN: 979-13-990609-0-4 (G) / 979-13-990609-8-0 (ESP) / 979-13-990609-9-7 (PT)

DL: OU 284-2025 (G) / OU 285-2025 (ESP) / OU 286-2025 (PT)

Autora do texto e da ilustración:  Clara Artiaga

Normativizado: Iolanda Mato

Deseñado e Maquetado: Alba De Evan

Impreso: Imprenta Mundo

Lis quere ser cabaleira, e acompañada do seu amigo Bigotes internarase no Bosque das Sombras. Máis os perigos son máis difíciles do que ela pensaba, e en ocasións tamén poden vir do noso interior. Conseguirá superalos e chegar a ser unha cabaleira coma a das lendas?
Lis e o Bosque das Sombras é a historia de afouteza e solidariedade na que descubrir o que de verdade importa. Atréveste a adentrarte no Bosque con ela?

Información adicional

Dimensiones 15 × 1 × 20 cm
Idioma

Castellano, Galego, Portugués

1 valoración en Lis e o bosque das sombras. Conto. (GAL/ESP/PT)

  1. Miguel

    Vía Instagram: @lectureo
    Clara Artiaga @claraarti acaba de publicar con Antela Editorial @antelaeditorial un fermoso álbum ilustrado no que se mesturan varios ingredientes que gustou descubrir nun libro coma este: un mundo cheo de fantasía e cun aire neomedievalizante; unha protagonista con personalidade pero tamén cunha profundidade na que hai espazo para os soños, así como para as dúbidas, os medos e os supostos fracasos; un bosque de sombras como espazo idóneo para o misterio e a aventura, ademais de tamén para a maxia; unha estética amigábel e fermosa na que se combinan referentes visuais evidentes, xunto a outros trazos con personalidade propia que dotan de singularidade e gran beleza o libro; e, finalmente, a vontade de transmitir unha mensaxe tan importante como que o valor “é loitar por aqueles que non poden facelo, enfrontando as sombras e levantándose unha e outra vez”, sen que o desexo de transmitirnos este principio comprometa o artefacto artístico-literario como conxunto creativo e de goce lector.
    Se ben é certo que nalgunhas ocasións a narrativa pode parecer algo escasa para unha comprensión total dalgunha que outra situación, unha (re)lectura visual atenta permítenos comprender que, fronte a outras obras onde o texto e a imaxe poden chegar a disociarse, neste caso resulta imprescindible o avance integral do libro coa lectura e a visualización de cada pequeno detalle, páxina a páxina. Desta forma, o lectorado debe permanecer atento para sentirse plenamente engaiolado polas aventuras dunha Lis que ben poderían seguir sendo contadas por xograres e trobadores, e, por que non?, tamén por xograresas e trobairitz! Oxalá a(s) historia(s) desta cativa que quere ser cabaleira continúen máis alá do bosque das sombras..

Añade una valoración

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *