Ramón Sánchez

posted in: Autores, blog | 0

Ramón Sánchez (Carballo, 1975). Músico. Poeta. Autodidacta. Como músico ten
formado parte de diferentes grupos entre os que cabe destacar Traboute, co que edita
tres discos de estudio. No eido da poesía obtén diversos recoñecementos en certames
celebrados por toda Galicia. Algúns deses poemas son recollidos en posteriores
antoloxías. Tamén publica na rede “Enxeñería efémera”, unha sorte de trece pezas
visuais nas que conxuga imaxe, palabra e música. En 2020 ven a luz os seus dous
primeiros libros de poemas, “Descender pola nádega da montaña” e “Vagar de
náuseas”. “Animálgama” é a súa primeira achega ó libro infantil.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *