Xoán Babarro

posted in: Autores | 0

Xoán Babarro González, natural de Calvelo de Zorelle (1947), no concello ourensán de Maceda, conxuga o traballo da docencia e a investigación lingüística co da creación literaria, na que conta con galardóns como o “Pura e Dora Vázquez” de narración ou o “Arume” de poesía. Ten obras traducidas a varios idiomas. Entre os moitos títulos que leva publicado figuran As máscaras do profesor Robindra (2015), O baúl de Domingos Quintas (2017), Hilario e os tres medos (2017) -Premio Frei Martín Sarmiento-, Teño oito anos e quero ser youtuber (2019), Os horizontes de Adar (2019) e Carliños, capitán! (2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *