Xosé Tomás

posted in: Autores | 0

XOSÉ TOMÁS naceu en Betanzos en 1971.
É ilustrador, guionista, humorista gráfico e profesor de inglés de ensino secundario. Ten ilustrado máis de corenta libros de literatura infantil e xuvenil, aínda que tamén escribe e debuxa obras en banda deseñada. Gañou premios como o “Isaac díaz pardo”, o “Fervenzas literarias”, o “Frei Martín Sarmiento”, o “Paraugas”,
ou o “Garelo de cultura” (da súa vila natal). Imparte moitos cursos e obradoiros á rapazada e mais a profesorado sobre cómic e ilustración, tanto en Galicia como noutros lugares: Londres, La Habana, Frankfurt, Abuja (Nixeria), Italia…

Autor en Antela Editorial de: O país da choiva.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *