Nacido en Salvaterra de Miño, dedícase á ilustración dende 2019, traballando para todos os públicos, pero con especial interese no mundo da literatura infantil e xuvenil.
Para esas idades fixo as ilustracións dun libro de texto de Primaria e as dun relato para público xuvenil, “Cocotibur”. Para o público adulto escribiu e debuxou o cómic “As ruínas de Lisboa”.
Moitos dos seus traballos poden verse en www.estebansouto.com.
Deja una respuesta