Unha comunidade para facer medrar os libros.


Na natureza, toda niñada é o comezo de algo novo: un conxunto de crías que nacen xuntas, medran e emprenden o seu propio camiño. En Antela temos tamén a nosa propia niñada: poñemos en marcha novos libros, novas voces e novas historias para que os nosos poliños medren sans e fortes, e non só fisicamente.


Libro a libro, niñada a niñada, queremos construír unha comunidade de lectoras e lectores que crea na literatura galega e que queira formar parte do que está por vir. Porque ser mecenas é tamén acompañar ese crecemento, coidar os proxectos desde o seu nacemento e apostar pola creación, polos libros, pola ediorial e polo futuro da nosa cultura.
Ti tamén podes formar parte da niñada.

QUE É SER MECENAS EN “A NIÑADA”?

 Coa aportación anual de 100 € obtés unha serie de beneficios como son:

  • Recibir 6 novidades anuais en primicia.
  • 15% de desconto en compras desde a web.
  • Contidos exclusivos e merchandising de agasallo.

FUNCIONAMENTO

  • Inscrición anual a través da web.
  • Envío dos libros segundo calendario editorial, en primicia.
  • Comunicación periódica por newsletter exclusiva.
  • Renovación anual con aviso previo.
  • Poderás escoller en recibir 6 novidades (modalidade por defecto) ou 6 libros diferentes do noso catálogo.

DATE DE ALTA CUBRINDO O SEGUINTE FORMULARIO OU ESCRÍBENOS A INFO@ANTELAEDITORIAL.COM E INFORMÁSMOSTE SEN COMPROMISO.