Miguel Ángel Alonso

posted in: Autores | 0

Miguel Ángel Alonso. Escritor, poeta, docente, conta contos, presentador, animador, divulgador cultural e sobre todo persoa. 

É un autor de recoñecido prestixio, cun gran número de obras de moito calado dentro da (LIX) literatura infantil e xuvenil.

Cos seus poemas Vou construír para ti e Persiguiendo el sol, colabora na obra colectiva Soños de Cajamarca e Sueños de Cajamarca.

É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e tamén do colectivo poético A PORTA VERDE DO SÉTIMO ANDAR. Participou diferentes iniciativas culturais e recitais en Galicia e Portugal, amais de nos principais festivais de poesía de Galicia. É un dos impulsores dos CADERNOS Q DE VIAN. 

Traducidos os seus libros ao castelán por el mesmo e editados por Nova Galicia Edicións para fóra de Galicia, están presentes en colexios e bibliotecas de México, Puerto Rico e diversas comunidades de España.  

Colaborador habitual dos Servizos de Normalización e Dinamización Lingüística  realiza diversas actividades creativas nos centros educativos, nos que achega á rapazada e adultos o mundo da literatura e a creación. 

Tamén foi un dos presentadores, organizadores e responsable de comunicación do POETRY SLAM VIGO.  Dentro do programa BANDA APARTE 2.0 de Radio Allariz levo unha sección chamada “ A cultura oculta”, na que realizo entrevistas a diferentes persoeiros da nosa cultura.

Dende a súa irrupción no panorama literario infantil – xuvenil galego co primeiro libro en galego editado a través do sistema de micro mecenado – crowdfunding, xunto á ilustradora Luz Beloso están presentes nas listas dos libros máis vendidos en Galicia.

O cullarapo Croque (2013) entre os libros máis vendidos na feira do libro de Vigo. Considerado segundo o público do portal Fervenzas literarias 7º mellor libro na súa categoría. 

A nena á que non deixaban ser feliz (2013) 5º mellor libro no apartado de literatura xuvenil segundo Fervenzas literarias.

Libro seleccionado polo SEP (Servicio de Educación Pública) de México entre máis de 10.000 títulos de España e latino América, para a súa incorporación ás bibliotecas de aula dos centros de ensinanza pública de todo o país. 

Enlace a la noticia:

http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/libro-gallego-refuerza-sua-proxeccion-internacional-traves-de los-centros-enseñanza-publico-mexico/idEdicion-2015-02-03/idNoticia-914057/

O soño de Esther (2014) 3º mellor libro no apartado de literatura infantil segundo Fervenzas literarias. Finalista dos premios ISAAC DÍAZ PARDO mellor libro ilustrado 2014 e NEIRA VILAS mellor libro infantil xuvenil 2014.

Entre os libros máis vendidos de Galicia nos anos 2014 e 2015: http://axendaaelg.blogaliza.org/tag/o-lo son-de-esther/

O valente coello que quixo soñar (2015) 4º mellor libro no apartado de literatura infantil segundo Fervenzas Literarias. 

Entre os libros máis vendidos de Galicia no ano 2015

http://axendaaelg.blogaliza.org/tag/o-valiente-conejo-que-quiso-sonar/

Finalista do Premio Frei Martín Sarmiento 2016

Os catro títulos mencionados foron elixidos para formar parte de programas educativos do goberno de Puerto Rico.  

MEL, unha mosca agradecida (2016) libro CD

Piratas no recreo (2018) Belagua edicións. En colaboración con ARELAS (Asoc. de familias de menores trans).

Unha folla vermella (2020)

Xunto a Xosé Tomás é o autor de:

“NO QUIERO IR” (2016) dentro do “Manual do Bullying” sobre o acoso escolar.

“LA SEGURIDAD VIAL Y YO” (2016)

En Xerais: 

Música no faiado (2018) Finalista na Gala do Libro Galego 2019.

Ilustrado por Laura Tova

Enlace a wikipedida:  https://gl.wikipedia.org/wiki/Miguel_%C3%81ngel_Alonso_Diz

Recoñecementos: 

  • Segundo premio do Certame de relatos Ciencia que conta no 2010.
  • Premio do I Certame de micro-relatos OZOCOgz no 2013.
  • Premio secundaria obrigatoria da Concellería de Normalización Lingüística de Compostela no 2014, por A muller lamprea IV.
  • Premio Olloboi Orixinal no 2014, por A muller lamprea IV.
  • Premio no Festival Internacional de Curtas de Bueu por Cabelos de Batalla, feito no obradoiro de plástica do IES As Barxas.
  • Premio “Paraugas” 2017 do Cluster de Comunicación de Galicia ao libro infantil do ano con “Manual del Bullying”, editado por Nova Galicia Edicións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *